Skip to main content

Peregrinación a Santiago de Compostela

O sábado 5 de xullo chegará a Santiago a peregrinación promocional patrocinada institucioalmente polo Consorcio do Camiño Inglés, que fai 6 semanas, sábado a sábado, saindo de Ferrol e de Coruña, vai percorrendo os 18 municipios que conforman este itinerario: Ferrol, Narón , Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, Coruña, Culleredo, Cambre, Carral, Mesía, Ordes, Oroso e Santiago.
Son uns 80 peregrinos que, en moitos caso, son acompañados por corporativos e grupos de veciños en diversos tramos.

Ese día (5 de xullo) sairán de Sigüeiro (Oroso) ás 7:30 da mañá, facendo unha parada de avituallamiento na metade do percorrido e chegando a Compostela a mediodía, para participar ás 12 na Misa do Peregrino. A continuación o Concello de Santiago brindará unha recepción aos peregrinos e ás 18 corporacións.

Este evento pretende difundir este camiño, de cara ao vindeiro Ano Santo 2010. Esta actividade vense realizando con regularidade, para dar coñecemento deste camiño xacobeo, un dos máis descoñecidos. Dende Ferrol ata Santiago son 117 Km e dende Coruña uns 80, polo que pode facerse en 3 ou 5 días. A sinalización e a traza do camiño están en moi boas condicións, polo que é doado facelo e non ofrece dificultades.
Concello de Neda