Notas
-
No certame Conexión Spain Virtual, Turgalicia disporá dun stand que estará atendido a través dun chat. Todas as persoas que desexen participar na primeira feira virtual de Turismo de España en Canadá e os Estados Unidos poderano facer a través do enderezo electrónico na web www.conexionspainvirtual.com.
-
Cultura e Turismo presenta o produto turístico Especial Destinos Atlánticos, unha iniciativa que promove o turismo de peregrinación en España, Irlanda, Francia e Portugal ao abeiro do programa europeo Ultreia polo que galicia agarda aumentar o número de viaxeiros.
-
Cultura e Turismo convoca dúas liñas de axudas para axencias de viaxes e para a mellora da calidade de establecementos turísticos. Un dos obxectivos é impulsar a promoción e comercialización do destino Galicia por axencias de viaxes.
-
Esta publicación, xunto cun audiovisual sobre esta ruta xacobea, xorde dun acordo entre Turgalicia e as asociacións de hostalaría da Coruña, Santiago e Ferrol ao obxecto de fomentar a desestacionalización turística na provincia da Coruña.
-
A directora do Xacobeo asegura no XXIII Encontro Compostelán, celebrado en Perugia (Italia), que as asociacións e confrarías de peregrinos son “as auténticas embaixadas xacobeas”. O encontro pechouse coa investidura dos novos confrades e a entrega de credenciais para a súa viaxe a Compostela.
-
Nesta iniciativa, que se enmarca na celebración do Ano Cunqueiro, distribuiranse 10.000 exemplares da antoloxía gastronómica e literaria Na mesa con Cunqueiro. Preténdese reforzar o papel de difusión e prestixio da cociña galega como reclamo turístico.
-
O Xacobeo e a USC colaboran na oferta formativa para o coñecemento de Galicia e do Camiño de Santiago nas universidades coreanas de Kyung Hee University, Pyeongtaek University e Universidade Hankuk.
-
Na presentación do libro A Catedral de Santiago. Beleza e Misterio, editado polo Consorcio de Santiago en conmemoración do VIII Centenario da Catedral compostelá, o conselleiro de Cultura dixo que logo do Xacobeo 2010 apostarán pola difusión do Camiño.
-
A xornada está organizada pola Consellería de Cultura e Turismo no marco do Proxecto Ultreira que promove o turismo sostible cultural, relixioso e patrimonial vinculado ás rutas marítimas e interiores a Compostela.
-
O Presidente da Deputación avogou por implantar na provincia de Lugo esta estratexia de promoción turística e dinamización da economía, cun contrastado éxito noutras rexións de España, como Andalucía –que foi pioneira-, Cataluña e Asturias.