Notas
-
O Sistema de Información Xeográfica (SIX) deLugo permite navegar por un mapa da provincia, obtendo información sobre que visitar, onde comer ou aloxarse e ofertas de lecer dos lugares que lle interesen ó usuario. Inclúe rutas de sendeirismo e do Km0, que poden descargarse en teléfonos móbiles, PDA ou XPS, así como os Camiños de Santiago e as adegas da Ribeira Sacra.
-
Preséntase o plan de actuacións de Turgalicia 2011 que posibilita o “fomento, promoción, formación e ordenación do sector turístico galego” coa necesidade de “non baixar a garda e manter o posicionamento acadado en 2010” a través dun “programa de actuacións moi racionalizado”.
-
Durante un encontro cos cónsules acreditados en Galicia, o presidente da Xunta avogou pola colaboración co corpo consular para potenciar a imaxe de Galicia no mundo e alcanzar unha maior presenza das empresas galegas nos mercados internacionais.
-
Este investimento responde á petición do Alcalde para impulsar unha celebración coa que Viveiro duplica a súa poboación e acada o 100% da ocupación hoteleira. Esta achega sen precedente no organismo provincial, supón preto do 25% do presuposto total co que contan as confrarías para a celebración desta festividade.
-
O presidente anuncia que en marzo se celebrarán as distintas mesas por sectores para que en abril se constitúa o novo instrumento destinado non só a promocionar Lugo, senón tamén a axudar ó sector privado a atopar novas vías de comercialización. Clausurouse o congreso Destino Lugo.
-
A Deputación Provincial acolle o congreso de turismo “Destino Lugo”, no que se disertará sobre as distintas alternativas de coordinación para a promoción da provincia dende este eido. O debate será retransmitido en directo a través da páxina web da Deputación: www.lugoterra.com.
-
Roberto Varela, o conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, presenta Xantar 2011 como unha feira que fomenta a gastronomía como embaixadora da cultura e do turismo. No acto inaugural estivo acompañado polo actor Moncho Borrajo. A feira celébrase en Expourense ata o 6 de febreiro.
-
Os datos recollidos no resumo climático do 2010 na Comunidade Galega, elaborado por MeteoGalicia, revelan que o ano 2010 quedou marcado por unha alta variabilidade meteorolóxica determinada principalmente por unha circulación en altura moi meridiana, que achegou influencias directas de latitudes moi ao norte ou ben moi ao sur.
-
Con estas palabras resumía esta mañana, en la presentación de FITUR, la Secretaria Xeral para o Turismo de Galicia, Carmen Pardo, el objetivo principal de la 12 ª edición del Salón Gallego de Gastronomía y Turismoo que se celebrará en Expourense entre el 2 y el 6 de febrero.
-
O 12 de xaneiro, o día despois da inauguración oficial polos Príncipes de Asturias, abriranse ao público os edificios da Biblioteca e do Arquivo da Cidade da Cultura de Galicia. O conselleiro de Cultura da Xunta convida aos galegos a sentir como propio un dos símbolos da Galicia do século XXI.