Notas
-
Alberto Núñez Feijóo lembra que desde o 23 de outubro, a “Festa do Belén electrónico de Begonte é xa unha protagonista obrigada na lista de 108 Festas de Interese Turístico de Galicia”. Destaca o carácter especial do Belén de Begonte con máis de 40 anos de existencia, trascendendo o relixioso para formar parte do valor patrimonial galego.
-
Por primeira vez, un restaurante galego obtén a distinción dos tres Soles Repsol: a Guía Repsol 2015 concede o terceiro Sol Repsol ao cociñeiro Pepe Solla e distingue a cociña de Galicia con 37 soles, oito máis que na pasada edición. A gastronomía é un dos principais atractivos galegos e un potente elemento de fidelización: é a segunda motivación, tras a natureza, pola que os turistas nos elixen como destino.
-
O acordo enmárcase no VIII Centenario da peregrinaxe de San Francisco de Asís a Compostela. A compañía de distribución galega contribuirá a fomentar o recoñecemento do Camiño de Santiago a través do seu programa de Responsabilidade Social Corporativa.
-
A Xunta de Galicia e o concello de Arzúa traballan na organización dunha nova edición da Festa do queixo, que en 2015 acadará a súa 40 edición entre o 27 de febreiro e o 1 de marzo. Este evento, declarado de Interese Turístico de Galicia desde 1999, inclúe unha liña estratéxica na desestacionalización do turismo.
-
Acudiron á cita con Turismo de Galicia na Embaixada de España en Montevideo unha trintena de axentes turísticos uruguaios que puideron achegarse de preto á oferta galega nunha presentación realizada por persoal da Dirección de Promoción de Turismo de Galicia que considera este país como no marco dos mercados emerxentes no mundo.
-
No marco da World Travel Market, a feira máis importante do mercado británico, Turismo de Galicia promoveu unha misión comercial na que participan 16 empresarios hostaleiros galegos, a través do Clúster galego. Os turistas británicos no que vai do ano 2014 supuxeron o 6.5% do total de visitantes estranxeiros en Galicia.
-
Turismo de Galicia manterá xuntanzas de traballo cos operadores turísticos especializados en turismo de reunións máis importantes de Italia. Preto de 81.000 italianos visitaron Galicia nos oito primeiros meses de 2014, o que supón un 12,3% do total de turistas rexistrados.
-
2.002 pasaxeiros viaxaron entre xuño e setembro nos trens que cubriron as sete rutas programadas este ano: Ruta dos faros, Ruta dos pazos e xardíns históricos e as rutas dos viños de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, O Ribeiro-Rías Baixas e Valdeorras-Ribeira Sacra.
-
“Presentamos unha serie de actuacións para preservar este monumento natural fronte aos riscos que comprometen o seu futuro, co obxectivo de compatibilizar a conservación e os valores ambientais co aproveitamento sustentable como recurso turístico”, afirma Feijóo.
-
De tapas por Galicia concentra os concursos gastronómicos de outono das 7 principais cidades galegasPreséntase en Madrid e Barcelona o programa De tapas por Galicia, que concentra os concuros gastronómicos de outono das sete grandes cidades galegas. Esta iniciativa ten como obxectivo promover o turismo urbano e a gastronomía de Galicia e impulsar os certames de tapas que se desenvolven en cada unha das 7 grandes vilas.