Notas
-
A iniciativa combina dous grandes reclamos turísticos consolidados xa na nosa comunidade: a Ruta da Camelia e a Ruta dos Viños Rías Baixas. O obxectivo é continuar coa consolidación de Galicia como un destino turístico experiencial e poñer en valor estes recursos de enorme potencialidade e gran aceptación.
-
Esta feira sectorial que goza dunha grande popularidade e repercusión ten lugar dende o 13 ata o 15 de marzo no Centro Kursaal. Turismo de Galicia participa tamén na feira de turismo sostible Fa’ La Cosa Giusta en Milán.
-
A través do Clúster de Turismo de Galicia, o sector dispón dun espazo de traballo para desenvolver as súas relacións comerciais na feira internacional IBT de Berlín (Alemaña). Entre o 4 e o 8 de marzo, Galicia aproxímase ao mercado alemán que en 2014 supuxo o 2.3% do total de pernoctas que se rexistraron na Comunidade.
-
O programa de actuación na muralla de Lugo en 2015 céntrase na accesibilidade universal ao monumentoCo gasto previsto para este ano, a Xunta de Galicia inviste neste monumento Patrimonio da Humanidade 3.867.171 euros no período 2009-2015 nun programa de actuacións centradas na “conservación, a restauración e a accesibilidade universal ao monumento”. Investiranse preto de 850.000 euros en Porta Miñá.
-
Difunden un comunicado en el que se asegura que la remuneración percibida fue destinada íntegramente a los costes de producción del videoclip rodado en Galicia, una tierra a la que el cantante dice tener un cariño especial.
-
Turismo de Galicia viaxa á cidade belga de Amberes para participar no certame Fiets en Wandelbeurs, e promove o turismo de congresos no workshop The Meeting Space Spring, un dos principais foros entre británicos, alemáns, rusos e países nórdicos especializados no turismo de negocios.
-
O evento está dirixido a operadores turísticos de mercados internacionais tan relevantes como Brasil, España, Irlanda, Italia, Polonia, India, Indonesia, Corea do Sur, Filipinas e Colombia, entre outros, e ten como obxectivo promover contactos comerciais entre os participantes e concienciar da importancia do turismo relixioso no contexto do turismo mundial.
-
Trátase dunha das feiras de promoción e comercialización do ámbito turístico máis importantes do calendario en España que celebra entre os días 20 e 22 de febreiro a súa décima edición na que se inclúe o VI Congreso Internacional de Turismo Rural ao que se espera que asistan uns 250 profesionais do sector.
-
Preto de 6.000 visitantes gozaron das instalacións da estación galega durante a primeira fin de semana de febreiro, reunindo esquiadores procedentes principalmente de Galicia, El Bierzo e o norte de Portugal. Dende Turismo de Galicia apóstase por esta estación de montaña como importante polo de atracción turística e elemento dinamizador desta zona.
-
O galardón foi concedido pola revista TURISMO enxalzar as empresas, marcas, países ou proxectos, que mellor souberon adaptar o sector aos novos tempos e marcar unha traxectoria impecable e positiva no ámbito turístico. No caso galego, destácanse as características que “acercan aos pobos a Galicia e converten ao Camiño na ruta máis universal do planeta”.