Notas
-
Conxunto histórico-artístico, termalismo e gastronomía concentran a oferta. A exposición está organizada polo Eixo Atlántico.
-
“Os lobos do espacio”, “A magnifique bande dos homes sen medo”, o grupo de baile e música tradicional “Brincadeira” e a Banda Municipal de Agolada completan o programa de actuacións musicais do evento integral de divulgación e posta en valor da artesanía que se celebra nos Pendellos de Agolada do 3 ao 5 de xullo con actividades sobre os oficios galegos.
-
Un equipo multidisciplinar de expertos analizan ata o xoves 18 de xuño os distintos aspectos deste enclave natural co fin de elaborar un documento que sustente a súa proposta perante a UNESCO a lograr a declaración de Patrimonio Mundial polos aspectos medioambientais, sociolóxicos, culturais, económicos ou demográficos que conforman a zona.
-
Ordenar o uso público do enclave e garantir o seu coidado son os principais obxectivos do Plan de conservación da praia das Catedrais que, logo da gran afluencia de visitantes rexistrada no verán de 2014, permite 4.812 visitas diarias entre xullo e setembro. A autorización pode conseguirse 15 días antes na web http://ascatedrais.xunta.es.
-
Varios fotógrafos galegos, transformados en eventuais peregrinos, percorreron as diversas rutas do Camiño de Santiago para mostrar a través das súas fotografías a súa particular visión e as sensacións persoais que lles suxire a ruta.
-
Según datos da Xunta de Galicia, o videoclip rodado por Enrique Iglesias logrou máis de 27 millóns de visualizacións en pouco máis de tres meses. No primeiro cuadrimestre deste ano, o turismo internacional incrementouse na nosa comunidade nun 20,6 por cento, rexistrando un máximo histórico de máis de 166.000 visitantes estranxeiros.
-
A primeira reunión internacional en Galicia de Asociacións de Amigos do Camiño, que se desenvolve en Santiago de Compostela, introduce o fenómeno da globalidade no estudo do fenómeno xacobeo. Trátase dunha cita que quere agradecer o traballo desinteresado destes colectivos.
-
O Goberno galego destaca que, grazas ao Camiño de Santiago, poucos pobos como Galicia teñen a oportunidade de contar cunha rede de embaixadores tan ampla, estusiasta e eficaz. Incide en que, se ben todas as distincións coas que conta a Ruta Xacobea “énchenos de orgullo”, o maior galardón é a existencia desta rede universal de amigos “que, de forma altruísta e xenerosa, propuxéronse prolongar o sendeiro e facelo interminable”.
-
Na visita ao centro de crowdworking do Gaiás, as directoras de Turismo e de Desenvolvemento Pesqueiro profundaron nos proxectos Bluscus, Ubiplay Mobile e Creappcuentos nun encontro cos seus promotores. Galicia Open Future, impulsado pola Xunta de Galicia e Telefónica, é o primeiro programa de startups en Galicia que alberga proxectos turísticos.
-
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou este evento que se celebra en Santiago entre os días 4 e 6 de xuño e salientou o recoñecemento ao labor que realizan os amigos do Camiño que “conforman un dos piares básicos no impulso das peregrinacións a Santiago”. Os participantes nesta xuntanza proceden de 28 países distintos dos cinco continentes. De maneira paralela ao encontro, Compostela acollerá, dende o 4 ao 12 de xuño, a exposición ‘Amigos do Camiño: Hospitalidade, investigación e difusión’.