O videoclip de Enrique Iglesias rodado en Galicia rexistrou máis de 27 millóns de visitas nuns 3 meses
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, lembrou no Parlamento, que o videoclip de Enrique Iglesias ten acumulado máis de vinte e sete millóns de visualizacións en pouco máis de tres meses.
Rueda, sinalou que dende a Xunta se optou por esta vía de promoción de Galicia, da man dun artista de recoñecemento internacional, en lugar de facer unha campaña de televisión ao uso, para evitar un custe dez veces superior.
O conselleiro, que recordou que o contrato se atopa accesible para todos os cidadáns na plataforma de contratación, subliñou que a meirande parte do investimento que se fixo reverteu aquí. Coa contratación das empresas e traballadores galegos que participaron na produción do vídeo musical.
Así mesmo, insistiu en que o turístico é un sector prioritario na nosa economía, cun peso do 10,6 por cento no PIB da comunidade e destacou que os bos datos rexistrados avalan as novas políticas turísticas levadas a cabo polo goberno galego.
No primeiro cuadrimestre deste ano o turismo internacional incrementouse nun 20,6 por cento, rexistrando un máximo histórico de máis de 166.000 visitantes estranxeiros. Uns datos que consolidan as boas cifras acadadas no 2014, no que Galicia recibiu 1.063.000 turistas internacionais, dixo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia