Notas
-
Este evento, declarado de Interese Turístico de Galicia, abre o calendario de celebracións gastronómicas na provincia de Ourense.
-
Na inauguración do programa de formación SICTED ·Claves para a xestión do modelo, a directora de Turismo de Galicia destacou que a Xunta impulsa iniciativas a prol da formación e o asesoramento para lograr un tecido empresarial formado por empresas e profesionais turísticos competitivos para facer da calidade un elemento diferenzador do noso destino.
-
La iniciativa “Faros de España”, de Puertos del Estado, impulsa el desarrollo de actividades de tipo hotelero en los faros, en este caso como alojamiento en el antiguo edificio del faro de Isla Pancha en San Cibrao 8Lugo) con 2 estancias adaptadas a la edificación ya existente en esta localidad. Se diseñó como luz "local" y las obras del faro situado a la entrada de la ría de Ribadeo comenzaron en 1857.
-
Entre os días 24 e 28 de maio, Turismo de Galicia participa nunhas xornadas de promoción directa na que está prevista que asistan 170 operadores dos dous países asiáticos. Esta iniciativa de Turismo de Galicia enmárcase na estratexia de difusión da oferta turística galega no mercado asiático, un dos que presenta máis potencial de crecemento para a comunidade galega.
-
A responsable de Turismo da Xunta sinalou que o feito de potenciar o turismo de golf consolida a nosa comunidade como un destino experiencial que enriquece a oferta turística e contribúe á captación de novos segmentos, combinables con outros atractivos como o termalismo e enograstronomía.
-
O turismo de cruceiros é un sector en alza na nosa comunidade que moveu en Galicia máis de 345.000 pasaxeiros no ano 2014, polo que se presenta aos operadores máis importantes do leste dos Estados Unidos. O turismo galego tamén se promociona no Travel Market Latin América, en Brasil.
-
Ata 50 locais da cidade ofrecen as súas mellores propostas gastronómicas en pequeno formato. O lugar elixido para a presentación é o Tapa Negra, local gañador do último concurso, que participa co pincho Traspés. O público pode votar polos seus pinchos favoritos e optar a gañar premios, este ano tamén a través dunha app.
-
O encontro, no Hospitality Tourism Management Institute en Soerenberg, en Suiza, é un dos máis prestixiososdedicados á educación na xestión hoteleira e o turismo en Suiza. A esta conferencia internacional bianual son convidadas as máis prestixiosas universidades e escolas de hostalería mundiais.
-
Ata o día 26 de abril, a gastronomía galega protagonizará na capital arxentina presentacións, showcookings, mesas redondas e seminarios.
-
Nobuyuki Ikeda trasladoulle a Nava Castro o seu interese por asinar un convenio de colaboración co obxecto de afondar no proceso de desenvolvemento e consolidación de promoción do Camiño de Santiago e traballar conxuntamente nas dúas rutas de peregrinación que foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.