Notas
-
Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos ofrecerán media ducia de actuacións a partir do 18 de xullo nas rúas de Burela, Sarria, A Baña, Melide, Marín e O Barco. Co apoio de Agadic e o lema Folclore na rúa, estas agrupacións sairán ao encontro dos espectadores para lles transmitir a esencia e a riqueza da cultura popular..
-
O I Congreso Internacional da Auga, na procura dun avance sostible do sector nas vindeiras xeraciónsOurense recibe este simposio co alcume de Capital Termal, e pretende vencellar a súa celebración a suma de sinerxias entre institucións públicas e empresas privadas, ligadas neste caso ao encontro da feira Termatalia, e “para conseguir os máis altos estándares de calidade de vida que nos ofreza o termalismo en Ourense”.
-
Preséntase o proxecto Termagal no Balneario de Lugo: un proxecto que conta coa colaboración de Turismo de Galicia, constitúe unha ferramenta de xestión médica e documentación que permitirá a estandarización dos procesos de asistencia médica nos balnearios de Galicia. O software permitirá a homoxeneización da recollida de historias clínicas de pacientes e, polo tanto, facilitará a súa xestión.
-
Impulsaranse os camiños Primitivo e do Norte logo de que fosen declarados pola Unesco Patrimonio Mundial da Humanidade. O fin é reforzar a rede de albergues, mellorar os servizos aos peregrinos, acondicionar o estado das rutas e impulsar a promoción.
-
La Diócesis de Lugo manifiesta públicamente su alegría por el reconocimiento del valor cultural del Camino y de la Catedral lucense, de este fenómeno propiamente cristiano, que es la peregrinación jacobea, de tan hondas raíces en la Diócesis lucense. El 9 de julio la Catedral acoge una celebración especial.
-
O Goberno galego destaca que a aposta polas celebracións tradicionais que xeran experiencias únicas no destino ocupa un lugar moi relevante na súa política turística. A Xunta e Concello veñen de asinar un convenio de colaboración para o apoio á celebración dunha nova edición desta Festa de Interese Turístico Internacional.
-
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e o tenente de alcalde de Agolada, Héctor Martínez, presentaron a cuarta edición deste encontro organizado por Economía e Industria que se ten consolidado xa como un referente anual do sector.
-
A concesión do selo Galicia Calidade responderá a valores arquitectónicos, medioambientais, paisaxísticos, culturais e gastronómicos galegos, esixindo a presenza de produtos de orixe galega nos establecementos recoñecidos.
-
O conxunto histórico-artístico conta con máis espazo para a celebración do encontro, ao ser restauradas 8 edificacións máis nos últimos meses. A iniciativa “Artesanía no prato” achega a nova cociña galega ao sector artesán coas demostracións de catro recoñecidos chefs do Grupo Nove, que presentarán os seus menús en pezas de cerámica, madeira e téxtil.
-
O Concello de Lugo elaborou un programa integrado por máis de 260 actividades durantes tres días, co fin de celebrar o Arde Lvcvs 2015, declarada Festa de Interese Turístico. Ata o 21 de xuño, apodérase de cada recuncho de Lugo "un fenómeno máxico" que transforma a cidade e a retorna a tempos ancestrais.