Notas
-
Turismo de Galicia presenta en Madrid a nova edición de Galicia a todo tren, que incorpora como principal novidade o Tren Peregrino. O viaxeiro ten un novo modo de descubrir algúns dos recursos turísticos máis singulares de Galicia en 7 rutas temáticas: a dos Faros, a Ruta dos Pazos e Xardíns Históricos e as cinco Rutas do Viño.
-
Constarán de catro categorías destinadas a distinguir iniciativas ou actuacións dos concellos, das Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e das pemes e actividades de carácter académico, investigador ou educativo. O obxectivo principal é contribuír a un aumento da conservación, difusión e a posta en valor do Camiño de Santiago e da cultura xacobea.
-
A presenza en Burgos, coa que arrinca o seu calendario para 2015, coincide co vixésimo aniversario do Centro Galego da cidade, e coa celebración do XXII Día de Galicia en Castela e León, que de maneira rotatoria ten lugar cada ano nalgunha das cidades da rexión que contan con comunidade galega asentada.
-
Representantes de diversos turoperadores turísticos e xornalistas do Channel 7 de Filipinas visitan diferentes lugares da nosa Comunidade. Tamén acude a Galicia o xornalista irlandés Michael Fewer. Turismo de Galicia coordina estas viaxes para impulsar este destino coa Oficina Española de Turismo de Singapur e de Dublín.
-
A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid, acolleu a presentación en Madrid da Semana Santa de Lugo, co obxectivo de dar a coñecer e difundir, entre medios e público en xeral, a tradicional Semana Santa lucense e todos os atractivos que a rodean. Turismo Relixioso, Patrimonio Cultural, Lugo Romano e Lugo Verde, fan da cidade un destino único e incomparable.
-
O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia asiste tamén en Brasil ao 75 aniversario do Recreio dos Anciâos, senlleira institución asistencial para a colectividade galega, coa que asina un convenio de colaboración. A visita inclúe contactos institucionais para incrementar a capacidade de negocio para o sector galego.
-
A Deputación Provincial impulsa un ano máis a Semana Santa lucense 2015 cunha achega de 12.000 eurosA Vicepresidenta Lara Méndez, durante a presentación do cartel e do programa da Semana Santa de Lugo 2015, subliñou que “é unha oportunidade económica e turística de primeira magnitude”, polos datos de ocupación hoteleira na provincia nesas datas, e tamén a implicación dos lucenses xa que na organización participan unhas 3.000 persoas.
-
Entre os días 18 e 21 de marzo, a oferta turística galega e o Camiño de Santiago están na principal feira turística de Rusia. Turismo de Galicia promove tamén o destino Galicia en Suecia entre os días 20 e 22 de marzo. Dous mercados potenciais de grande interese para Galicia que no pasado ano rexistrou a visita de 7.911 viaxeiros rusos e 8.570 turistas suecos.
-
A exposición O Camiño, a orixe amosa unha cultura de portas abertas que recibe e exporta influenciasCamiño, a orixe, no Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura, ofrece unha visión dese minuto un do inicio do mundo xacobeo a través dunha selección de 150 pezas que inclúen obras mestras de grandes artistas como Alberto Durero ou Bartolomé Esteban Murillo e outros obxectos de alto valor cultural.
-
Contabilízanse en Galicia máis dunha vintena de balnearios cun volume de negocio que supera os 60 millóns e que xeran 1.400 empregos directos. Avanza que a Xunta desenvolverá este ano o programa Turismo Senior Termal de Galicia” e afirma que xa está a traballar tamén noutros proxectos como a creación do Club de Produto Turístico da Auga.