Notas
-
Entendendo o Camiño como un dos principais sinais de identidade para o futuro de Galicia, Feijóo avoga por reforzalo a travésda creación dun centro internacional de acollida aos peregrinos. Entende que o Plan Director dos Camiños de Santiago actúa como folla de ruta para o Ano Santo de 2021.
-
Oviedo acolle ata o 15 de outubro, no Palacio de Conde de Toreno, a exposición que está enmarcada nos actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago e que promove Turismo de Galicia en colaboración co Banco Etcheverría.
-
Despois de dedicarlle o verán ao humor cos espectáculos Resofocos, El renovado show de 2 caras duras en crise con Bertín Osborne e Paco Arévalo e Enfrentados, con Arturo Fernández el Teatro Colón cesa a súa actividade ata o próximo mes de setembro. O Teatro será protagonista no inicio da tempada.
-
Cita co humor galego e en galego en directo a deste venres en Culleredo. O culpable, Xosé Antonio Touriñán, veciño da pequena aldea de Castelo. O coñecido actor e presentador de televisión recibirá na súa “casa” a catro amigos tamén ben coñecidos: Marcos Pereiro, Federico Pérez, David Amor e Pepo Suevos completan o cartel do Castelo Conta, un espectáculo inédito e gratuíto este venres a partir das 23.30 horas na polideportiva da parroquia cullerdense.
-
O Museo do Pobo Galego pecha este domingo, día 31 de agosto, as mostras “A vangarda das formas. Obra cerámica de Isaac Díaz Pardo” e “A Illa de Ons, unha cultura, unha identidade”.
-
La teniente de alcalde de Cultura, Ana Fernández, ha hecho, esta mañana, balance de las Fiestas María Pita 2014, que finalizaron ayer domingo, y que contaron con la asistencia de más de 2,5 millones de personas: “Una cifra que supera con creces las expectativas marcadas y que suponen un incremento del 6,8% con respecto a la anterior edición”.
-
Todo listo para a festa da música galega e en galego deste verán. Esta fin de semana Vilaxoán será o epicentro da música nas Rías Baixas no Festival das Línguas. Nos escenarios do Revenidas, un sensacional cartel con algúns dos mellores grupos de rock galegos e unha selección internacional na que destaca o primeiro concerto en Galicia do grupo estadounidense de reggae S.O.J.A, os italianos Banda Bassotti ou os canadenses The Mahones.
-
Mañá xoves 21 de agosto os profesionais do mar de Camariñas que están a participar nas Xornadas de Turismo Mariñeiro do “Plan de Dinamización do Sitio de Interese Nacional Cabo Vilán. Camariñas, o mar todo”, visitarán Ribeira. Nesta excursión coñecerán distintos produtos e actividades que están a ser verdadeiros referentes no sector do turismo mariñeiro en Galicia.
-
Los máximos responsables del International National Trusts Organisation (INTO) recorrerán el próximo mes de septiembre el Camino Inglés a Santiago de Compostela en una actividad promovida por la entidad Tesouros de Galicia en colaboración con la Diputación de A Coruña.
-
O Museo Provincial de Lugo acolle ata o 30 de setembro unha interesante e completa mostra que repasa a tradición oleira de Samos e analiza as distintas formas da cerámica popular galega. O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, inaugurou esta tarde esta exposición, titulada Formas Tradicionais da Cerámica Popular, Samos, e que ocupará até finais de setembro a sala central de exposicións do Museo Provincial de Lugo.