Notas
-
A nova app conta cunha tecnoloxía cento por cento galega e creada pola empresa Kappowsky, formada por dous mozos emprendedores galegos. Enmárcase na necesidade de achegar os centros culturais ao público a través de novas ferramentas informativas e de xeolocalización do visitante.
-
O turismo internacional rexistra en Galicia un novo máximo histórico cunha suba do 6,4% en xuño e do 6% no primeiro semestre. Xuño rexistrou tamén subas no turismo nacional do 8,5%. No acumulado do ano, o turismo nacional aloxado nos establecementos hoteleiros galegos subiu tamén un 3,7%.
-
O conselleiro de Cultura e Educación cualificou a mostra de 40 pezas dos séculos XV ao XX, de gran valor histórico e artístico como “un novo vencello da capital de Galicia e da meta europea da espiritualidade cos importantísimos movementos de tradición creativa do noso continente”.
-
Turismo de Galicia, a través do Xacobeo, e a asociación italiana I Cammini di Francesco asinan en Rieti un convenio de colaboración para afondar na investigación sobre San Francisco, o Apóstolo Santiago e a cultura Xacobea, e promover o recoñecemento do Camiño de Francisco como Itinerario Cultural Europeo.
-
A directora de Turismo da Xunta interveu nos Cursos de Verán da Universidade de Málaga sobre a potencialidade dos percorridos no desenvolvemento turístico e a difusión dos territorios. Destacou o Plan Integral de Turismo e o VIII Centenario da Peregrinaxe de San Francisco de Asís.
-
Cultura e Educación convida a Talabarte, Samuel Diz e Sinestesia para poñerlle música ao Atardecer no Gaiás. O proxecto folk de Quim Fariña, Pedro Pascual e Kin García será o encargado de arrancar o xoves 10 de xullo na praza central da Cidade da Cultura. Samuel Diz homenaxea a Juan José Mantecón co seu Atardecer para guitarra e o sábado 12 é a quenda do rock de Sinestesia.
-
Turismo de Galicia apoia a LII edición da Festa do Pulpo do Carballiño que conta coa declaración de Interese Turístico Nacional e que se celebra o segundo domingo de agosto. Considérase reclamo turístico e elemento transversal para a creación de novos produtos e experiencias para os viaxeiros.
-
O Executivo galego avanza que Galicia contará por primeira vez cun Plan global director dos Camiños de Santiago, “unha folla de ruta para revitalizar, promocionar e promover os camiños de cara ao próximo Xacobeo 2021”. A este plan seguiralle un Plan estratéxico que fixará as distintas propostas de actuación que se levarán a cabo”.
-
Turismo de Galicia presenta a oferta turística galega aos operadores máis importantes de Francia como parte das actividades programadas no Instituto Cervantes de París, en Francia, que acolle a Semana do Camiño de Santiago como promoción da Ruta Xacobea.
-
Cultura e Educación participa na sinatura do convenio entre a Fundación Barrié e a Catedral para regular a conservación e restauración do Pórtico da Gloria, polo que a institución pública destaca a importancia da conservación e a difusión do patrimonio cultural galego e a máxima consideración que ten a catedral de Compostela