Notas
-
Nun acto na Embaixada de España, presidido polo titular do Goberno galego e no que participaron máis dun centenar de touroperadores do país, Galicia deu a coñecer a súa oferta turística centrada no termalismo, a gastronomía, as rutas do viño e das camelias e o Camiño.
-
Os músicos Javier Otero e Najla Shami, e ao fotógrafo Luís Gabú, forman parte da delegación de artistas que viaxan a Xapón para mostrar o seu traballo no Instituto Cervantes de Toquio, no marco do ano dual Xapón–España. Esta actividade permitirá fortalecer a internacionalización da cultura galega que, nesta ocasión, está representada polas artes da música e a fotografía.
-
Por vez primeira a iniciativa Galicia, pórtico universal travesa o Atlántico cumprindo a resolución do Parlamento de Galicia para a posta en marcha dun plan de actuación para a promoción galega no exterior. En 2013, a área expositiva sobre Galicia e a súa calidade atraeu a atención de máis de 30.000 persoas, según datos da Xunta.
-
O presidente da Xunta recibiu á directora xeral de Turespaña e os directores de Turismo das comunidades autónomas que participan nunha reunión de traballo sobre o sector, na que dixe que Galicia "baséase na idea de ser unha comunidade turística na que non só operan as empresas e traballadores do sector, senón todos os galegos”.
-
Os residentes de 43 concellos da provincia de Ourense e doutros 16 municipios do resto de Galicia xa poden xestionar o programa de termalismo 2014 da Deputación de Ourense dende os servizos sociais dos seus concellos.
-
Turismo de Galicia participa en tres encontros cos operadores máis destacados dos mercados chineses de Shanghai, Cantón e Pequín. Tamén entre o 13 e o 16 de maio promóvese o Camiño de Santiago na International Christian Resources Exhibition.
-
O presidente da Xunta asegura que o turismo é un dos piares da recuperación económica galega e di que no nivel medio de ocupación acadou o 55,7% nos hoteis de Galicia, superando as previsións e situándose 9 puntos por riba dos datos acadados na Semana Santa de 2013.
-
O programa Ourense, a provincia termal oferta 1.500 prazas para estancias en balnearios da provinciaA Deputación de Ourense e os establecementos balnearios da provincia asinaron hoxe o convenio de colaboración para levar a cabo esta acción de promoción termal.
-
Turismo de Galicia presenta a oferta turística galega en Kazajistán na feira de turismo máis importante deste país asiático, un mercado emerxente interesado nos destinos españois. Inaugúrase tamén na cidade polaca de Biatystok unha exposición fotográfica organizada por Turismo de Galicia.
-
Turismo de Galicia promociona no congreso Kultur, adicado ao turismo cultural en México, o Camiño de Santiago. León, Guanajuato, o relatorio Peregrinos e peregrinación no Camiño de Santiago: planificación e xestión.