Notas
-
El Outono Códax Festival volverá el próximo 19 de octubre en la que será la octava edición del festival gallego de música negra. Y lo hará, un año más, acercando a Galicia lo mejor del género a través de su formato habitual, un ciclo de cinco grandes conciertos en el que combinará los sonidos más selectos del soul, el rythm&blues, el swing, el funk y el rock´n roll clásico. Como es habitual, el festival gallego de música negra completará su propuesta musical con distintas actividades paralelas.
-
Un total de 325.417 persoas visitaron entre xuño, xullo e agosto unha das catro illas que conforman o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Esta cifra preliminar foi aportada esta mañá pola directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, durante a rolda de prensa para presentar o balance de visitas ás illas do Parque Nacional, onde indicou que se trata de “cifras preliminares”, á espera do peche das bases de datos co fin da campaña.
-
Os dominios dos grandes cabaleiros galegos, os tesouros históricos que ocultan as grandes montañas de Galicia ou os vales e canóns cheos de igrexas, petróglifos ou castros son parte dun escenario paisaxístico e cultural que marcan parte da historia galega. Unha historia que está feita en pedra de indómitos castros, de nobres, de guerrilleiros, de monxes ou de ánimas e mouros que configuran un conxunto de tradicións únicas en España.
-
O ‘Outono Gastronómico’ trátase dunha exitosa proposta de turismo rural que combina restauración e aloxamento con modalidades e prezos moi atractivos. Os establecementos participantes ofertarán 38 menús diferentes deseñados expresamente con motivo desta cita, e que serán elaborados con produtos galegos de recoñecida calidade. Estarán dispoñibles todas as fins de semana, agás ás do 12 ao 14 de outubro e 7 ao 9 de decembro.
-
A Praza Central do Gaiás transformarase nun grande escenario para acoller a XV Romaría Coral Galega o vindeiro domingo 16 de setembro ás 18.30 horas. Case 800 coralistas, procedentes de 34 agrupacións de toda Galicia, encherán de música a Cidade da Cultura de Galicia, interpretando de maneira conxunta pezas do cancioneiro popular galego e internacional e obras de autores clásicos.
-
Cinemas de Galicia, o circuíto de exhibición cinematográfica impulsado pola Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), inicia mañá o seu segundo ciclo de programación anual, que se desenvolverá ata decembro en sete concellos. Allariz, Bueu, Cangas, Cariño, Cedeira, Celanova e O Grove acollen esta nova carteleira, que ofrecerá 24 proxeccións de 11 películas galegas e europeas de recente realización.
-
O Theater im Pumpenhaus de Münster (Alemaña) acollerá mañá venres a estrea de Pink Unicorns, o novo espectáculo de danza creado pola compañía galega La Macana en coprodución coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia. Realizado en colaboración co coreógrafo de orixe alxeriana Samir Akika, o punto de partida da nova proposta de La Macana responde ao reto de poñer en escena un pai co seu fillo adolescente.
-
Espazos Sonoros, o festival de músicas en espazos de interese cultural, continúa o seu traxecto para ofrecer propostas diferentes a un público amplo. Este sábado trasládase á igrexa de Santa María, ex-colexiata de Baiona, co grupo Capella Sancta Maria, un dos conxuntos vocais profesionais europeos máis recoñecidos, especializado en música do Renacemento.
-
O ciclo Cultura no Camiño programará durante o mes de setembro 44 actuacións escénicas e musicais como peche da súa sexta edición, que deu comezo a mediados de abril para ofrecerlle 340 citas culturais ao público de 103 municipios das rutas xacobeas. A música protagoniza o arranque da súa carteleira de setembro, coas actuacións o sábado de Rosa Cedrón, en formato dúo, nas instalacións da Piscina Municipal de Carral, e do Coro Encaixe en Sarria, no Paseo do Malecón, o mesmo lugar que o espectáculo de circo Ghop!, de Teatro ó Cubo.
-
A XII edición do Festival Arteficial ofrecerá aos asistentes máis de doce horas de música en directo en catro espazos do conxunto histórico de Ribadavia, o vindeiro sábado, 1 de setembro. A presentación desta celebración cultural tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e os membros da Asociación Arteficial, Uxía Estévez, Alba Doval e Quique Rodríguez.