Notas
-
Afundación, a Obra Social de ABANCA, no seu propósito de potenciar as experiencias interactivas dentro das súas actividades, presenta este mes de febreiro novas propostas lúdico-educativas vinculadas a «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación», un proxecto expositivo que ilustra a relación entre as artes plásticas e a música, con obras de Picasso, Kandinsky ou Lugrís.
-
A Rede Galega de Praias sen Fume conta cun total de 79 areais pertencentes a 45 concellos. A evolución da rede dende a súa creación está a ser moi satisfactoria, pasando de 26 praias correspondentes a 19 concellos no ano 2016 a 46 praias pertencentes a 27 concellos no 2017 e ás 79 actuais; isto supón o 16% das praias censadas en Galicia. Ademais, os concellos de Baiona, Corcubión e Rianxo contan coa acreditación de ouro
-
O concello de Ortigueira presentou en FITUR o Festival do Mundo Celta, acompañados por Nava Castro, directora da Axencia Turismo de Galicia. A cita de 2019, que chega ao seu 41º aniversario, celebrarase do 11 al 14 de julio. O acto tivo lugar no stand de Galicia 9C07 da Feira Internacional de Turismo (Madrid). Nel presentouse o cartel oficial do festival, o avance da programación 2019 e proxectouse o vídeo resumo da edición anterior.
-
O Festival Noroeste Estrella Galicia continúa coa súa programación prolongada ao longo de todo o ano grazas á Selección Noroeste, o seu ciclo de directos singulares para padais exquisitos, que regresa neste comezo de 2019 con tres novos concertos para gozar das mellores bandas e artistas desde o patio de butacas.
-
A nova programación de artes escénicas de Santiago ofreceralle ao público compostelán 25 espectáculos, dos que 10 chegan á cidade a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), o circuíto de exhibición que a Consellería de Cultura e Turismo promove a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e en colaboración coas entidades locais xestoras dos seus 40 espazos asociados.
-
Galicia despediu o ano 2018 cun mes de decembro atípico, con temperaturas medias por riba do habitual e menos choivas das esperadas. Así se desprende do informe climatolóxico mensual de MeteoGalicia, no que se conclúe que o mes pasado se caracterizou por ser seco e moi cálido. Por outra banda, a masa de aire frío polar continental entrará hoxe na península polo leste deixando ao seu paso por esta zona e no norte do país unha baixada significativa das temperaturas.
-
A sala de exposicións da Delegación territorial da Xunta en Lugo acolle ata o vindeiro 14 de xaneiro a mostra das 25 obras pictóricas presentadas á XXIX edición do Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán, unha das iniciativas culturais convocadas ao abeiro do Belén Electrónico de Begonte, declarado de interese turístico galego.
-
Coincidindo co ano do 25 aniversario do recoñecemento ao Camiño Francés como Patrimonio Mundial da Unesco que se conmemorou en 2018, a Consellería de Cultura e Turismo vén impulsando a exposición O Camiño de Santiago debuxado, que permanece no Museo das Peregrinacións e de Santiago da capital galega durante este mes de xaneiro.
-
O programa de dinamización lingüística Nadal en Rede, impulsado desde a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, ten nesta última fin de semana do ano un calendario especialmente intenso. Entre este venres e o domingo, 21 localidades galegas acollerán concertos e actividades musicais, obradoiros e sesións de teatro. Destacan no programa Lucía Pérez, A Banda da Loba ou os irmáns Bolechas.
-
A oferta náutica da Comunidade galega estará presente na LVIII edición do Salón Náutico de París, desde hoxe e ata o día 16 de decembro, ao obxecto de promover internacionalmente o turismo náutico e a actividade das instalacións náutico recreativas galegas, nun certame que reúne anualmente uns 250.000 visitantes de todo o mundo.