Skip to main content

Notas

  • O Festival Internacional Galicreques adiantou hoxe a carteleira completa da súa 23ª edición, que do 13 ao 21 de outubro programará en Santiago de Compostela máis de 50 funcións a cargo de 23 compañías de sete países. A 23ª edición do festival ofrecerá tres estreas absolutas, ademais de 13 espectáculos que se presentan por vez primeira en España.
  • Este mércores vaise celebrar en Paradela a presentación oficial do libro OS MOSTEIROS DE SANTA MARÍA DE CASTRO DE REI E SAN FACUNDO DE RIBAS DE MIÑO (PARADELA-LUGO), orixinal do profesor Ángel Fernández López. Ángel Fernández, natural de Paradela, concello do que é Fillo Predilecto, foi Inspector de Educación e Delegado Provincial da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
  • Case sempre se cumpre aquilo de “Na casa do ferreiro…”, e en GaliciaDigital non somos unha excepción. De todos os xeitos, de cando en vez tentamos buscar un intre para ir “coidando” as nosas propias webs, e agora tocoulle ao noso portal principal, GaliciaDigital, coincidindo ademais co seu 18º aniversario. Esta semana lanzamos unha nova versión do noso portal, que inclúe un redeseño gráfico máis adaptado ás tendencias actuais.
  • Galicia estará presente nas Feiras Internacionais do Libro Líber, en Barcelona, e na de Frankfurt. A Feira Líber celébrase desde o mércores día 3 ata o venres 5. Pola súa banda, a de Frankfurt terá lugar do 10 ao 14 de outubro. Estas dúas feiras teñen un carácter comercial, que aproveitan as editoriais galegas para establecer relacións que contribúan a nutrir o sistema cultural galego.
  • A derradeira leición do mestre —obra icónica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, considerada o ‘Guernica galego’— chegou esta tarde ao Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura desde o Centro Galicia de Buenos Aires. O óleo, de máis de 2 metros de altura, viaxou desde Arxentina a Madrid en avión na pasada fin de semana e foi trasladado por estrada ata o Gaiás, escoltado por axentes da Policía Autonómica.
  • O congreso internacional World Trails Conference, que se vén celebrando en Santiago de Compostela desde o mércores coa participación de representantes das mellores rutas culturais, ecolóxicas e de peregrinación de todo o mundo pechouse despois de poñer de manifesto o papel do Camiño de Santiago como referente internacional no seu modelo de xestión.
  • A sexta edición do ciclo Cultura no Camiño conclúe esta fin de semana coas últimas 12 actuacións das 340 ofrecidas desde mediados do pasado mes de abril. A Xunta de Galicia organiza este programa escénico e musical a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia, co patrocinio de Gadis e en colaboración cos 103 concellos asociados este ano.
  • A nova edición do Galician Freaky Film Festival, que se celebrará do 25 ao 27 de outubro, comeza a súa conta atrás e, para quentar motores, o venres 28 haberá unha proxección especial cos seis mellores traballos da edición 0. O evento, que é de balde, terá lugar no local Brewing Records, na rúa Martín Códax 8, a partir das 22.00.
  • Unha mostra de cine ao redor das mellores rutas culturais, ecolóxicas e de peregrinación de todo o mundo completará o programa de actividades do World Trails Conference, o congreso internacional impulsado por Turismo de Galicia que reunirá a partir do vindeiro mércores 26 de setembro en Santiago de Compostela a representantes dunha selección dos mellores itinerarios dos cinco continentes.
  • Rairiz de Veiga leva 175 anos a representar o combate entre mouros e cristiáns no marco da 'Romaría da Saínza' que este ano ofrecerá un completo programa de actividades para tódolos públicos. A presentación tivo lugar no Pazo Provincial de Ourense, e participaron o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Josefa Asunción Morgade; o presidente da Asociación socio-cultural Amigos da Romaría da Saínza, Julio Domínguez; e a colaboradora do evento, Ana Belén Míguez.