GaliciaDigital renova o seu deseño gráfico

En fin, aos poucos imos mellorando a nosa plataforma, e esperamos que desfrutedes estes cambios.
18 anos de GaliciaDigital
Cumprindo os dezaoito anos falar de “unha nova GaliciaDigital" é arriscado: O que experimentamos agora é unha renovación estética en profundidade para acomodarnos aos novos tempos, aos novos gustos, ás novas tendencias, sen perder nada da nosa historia e tradición.
Se reestruturamos algúns dos nosos portais e contidos é para darlle maior valoración ou énfase aos temas culturais, sociais, de opinións e de xentes, renovándonos dentro do paulatino crecemento, evolucionando para sentir e facer sentir que seguimos abrindo camiño neste infinito territorio inmaterial que entre dous séculos comezamos a labrar para que, cada día, sexamos máis unha GaliciaDigital.
GaliciaDigital