Skip to main content

GaliciaDigital renova o seu deseño gráfico

Ademais, melloramos a experiencia de navegación desde dispositivos móbiles, que a día de hoxe xa son maioría no total de dispositivos que se conectan connosco.

En fin, aos poucos imos mellorando a nosa plataforma, e esperamos que desfrutedes estes cambios.

18 anos de GaliciaDigital

Cumprindo os dezaoito anos falar de “unha nova GaliciaDigital" é arriscado: O que experimentamos agora é unha renovación estética en profundidade para acomodarnos aos novos tempos, aos novos gustos, ás novas tendencias, sen perder nada da nosa historia e tradición.

Se reestruturamos algúns dos nosos portais e contidos é para darlle maior valoración ou énfase aos temas culturais, sociais, de opinións e de xentes, renovándonos dentro do paulatino crecemento, evolucionando para sentir e facer sentir que seguimos abrindo camiño neste infinito territorio inmaterial que entre dous séculos comezamos a labrar para que, cada día, sexamos máis unha GaliciaDigital.


GaliciaDigital