Skip to main content

Notas

  • As artes escénicas galegas teñen unha nova cita no Carballiño, do 22 ao 24 de agosto, con motivo da celebración da XXIX edición do Festival de Teatro Galego (FETEGA), que foi presentada hoxe no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense polo deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; e a directora do FETEGA, Josi Lage.
  • Seis días de conciertos eclécticos, más de 80 bandas y artistas imprescindibles, 14 escenarios urbanos emblemáticos, 150 horas de música en vivo y una marcada presencia femenina definen al 32º Festival Noroeste Estrella Galicia, que un año más convertirá A Coruña en un hervidero de propuestas musicales singulares del 7 al 12 de agosto.
  • O IV Festival Intercéltico O Son do Pazo terá lugar os días 31 de agosto e 1 de setembro no municipio pontevedrés de Mos, cun cartel que conta con actuacións coma as de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, Leilía, o grupo irlandés Backwest e a banda de gaitas Airiños do Castelo, así como cos concertos de H2folk, Xulio Lorenzo e Andoa.
  • Un total de 27 expositores do oficio da olería participan este ano na XXIV Mostra de Alfaroleiros, con demostracións e venda de produtos. Xunto aos artesáns galegos de Buño, Niñodaguia, Gundivós, Bonxe, Salvaterra de Miño e Brión toman parte tamén oleiros de Toledo, Castellón, Xaén, Granada, Córdoba, Segovia, A Rioxa, Badaxoz, Zamora, Cáceres, e Portugal. Este ano a olería convidada é o Centro Alfarero de Candelaria Casa Las Miquelas de Santa Cruz de Tenerife.
  • O Parque Nacional das Illas Atlánticas ofrece desde hoxe e durante todo o mes de agosto unha serie de actividades e charlas divulgativas para achegar aos seus visitantes ao mundo da astronomía. As actividades son de carácter gratuíto e están dirixidas a todos os sectores da poboación, incluído o público infantil. Serán organizadas pola Federación Galega de Astronomía e Radioastronomía.
  • O Festival Groba regresa cun programa que se desenvolverá do 18 ao 24 de agosto en Ponteareas. A sexta edición desta iniciativa promovida pola Orquestra de Cámara Galega incorpora como principal novidade o protagonismo do son do vento-metal e do son da voz coral. O vento-metal terá como máximo representante o grande instrumentista Pacho Flores, artista de Deutsche Grammophon, considerado como unha verdadeira referencia mundial no eido da trompeta, e a Hércules Brass.
  • O programa de artes escénicas Vive o Camiño arranca o vindeiro martes 31 de xullo no concello pontevedrés do Rosal coa primeira das máis de 40 actividades de balde e dirixidas a todos os públicos que se celebrarán nos concellos galegos do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa ata setembro. Impulsada por Turismo de Galicia, a iniciativa forma parte dos compromisos do goberno galego, enmarcados no Plan director do Camiño que este ano dedica a ambos itinerarios.
  • A inauguración oficial desta nova Sala terá lugar na sala 8 deste Museo, dependente da Deputación Provincial de Lugo, nun acto público que se celebrará o próximo mércores, 1 de agosto, ás 12:30 h., segundo informa o Departamento de Difusión da Rede Museística do ente provincial lucense.
  • A feira de artesanía MOSTRART, que ten lugar nestas datas na Coruña dende 1985, vai a celebrar a súa edición número 34 a partir do sábado 28 de xullo (inauguración prevista as 12 h.). Mostrart estará instalada no paseo dos Xardíns de Méndez Núñez que está enfrente do Cantón Pequeno, un espazo privilexiado que permite unha visita agradable baixo a sombra. Este ano Mostrart amplía o número de participantes: 55 obradoiros artesáns profesionais de diferentes lugares de Galicia.
  • Case setenta concellos teñen proxeccións cinematográficas este verán nas súas programacións a través do circuíto cultural da Deputación da Coruña. O programa Visións da Rede Cultural leva un amplo abano de películas en 66 proxeccións ata fin de agosto. Parques, prazas ou xardíns de maneira especial convértense neste verán en salas abertas de proxeccións para o programa Visións da Rede Cultural da Deputación da Coruña.