Notas
-
El Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa y la Obra Social la Caixa presentan '¡Mírame! Retratos y otras ficciones en la Colección la Caixa de Arte Contemporáneo', una selección de cerca de 40 obras de la Colección la Caixa de Arte Contemporáneo. La muestra explora el retrato a través de un número considerable de obras.
-
O vindeiro día 12 de Maio Ramirás converterase por decimo segundo ano consecutivo no epicentro da música galega. A celebración da XII Noite de Fiadeiro recuperará a esencia dos antigos Fiadeiros da Comarca, aquelas reunións festivas de mozas e mozas que se xuntaban para bailar, tocar e cantar, e tamén mocear. A organización da mesma está ao cargo da Asociación Cultural e Xuvenil Rebulir.
-
A mostra, a que máis público recibiu na historia de Ourense e a máis importante de Galicia, "contou con pezas de 39 museos de 10 países sobre un tema que nunca antes había sido obxecto de exposición, os suevos, e relacionada coa nosa identidade e co primeiro reino medieval de Occidente", expresou Manuel Baltar no acto de clausura. No acto estreouse o documental In Tempore Sueborum, dirixido por Jesús María Caramanzana.
-
Unha das citas musicais de referencia do noroeste peninsular regresa este verán con máis de 100 actuacións de balde que inundarán máis de 15 escenarios urbanos da Coruña, como a praia de Riazor, prazas, museos, teatros, parques, rúas e locais de referencia da cidade. Ana Curra, Christina Rosenvinge, Group A e Mordem son as primeiras artistas confirmadas.
-
Feijóo di que o Camiño de Santiago e Correos teñen un común denominador: “Ambos comunican e constrúen Comunidade nunha teima que se remonta nos tempos” e resalta que a Xunta e Correos traballan nunha peregrinación singular en outono en Williamsburg, Estados Unidos, cunha exposición que percorrerá cinco cidades de América do Norte.
-
Enxálzase a convivencia entre cociñeiros de distintas xeracións que propón o III Gastroforum no CSHGA enogastronomía é o segundo motivo polo que os turistas visitan Galicia, que é líder xunto a Andalucía en restaurantes recoñecidos coa Q de Calidade Turística. Celebraranse obradoiros sobre produtos como lamprea, caldeirada ou empanada, amais de mesas redondas e unha novidosa cata de diferentes tipos de pan galego, como base do novo Plan de Enogastronomía.
-
O foro, Impulsado por Turismo de Galicia, contará con numerosos expertos que achegarán algunhas das ferramentas para traballar cos novos paradigmas do sector. Celébrase o martes 10 de abril no Centro Superior de Hostelería de Galicia, está dirixido a profesionais, estudantes e interesados en debater sobre as novas estratexias e oportunidades de investimento.
-
Ao éxito de público en Santiago de Compostela engádese a gran acollida da acción ‘Viños e camelias’ en Sevilla, que coñeceron máis de 70.000 persoas no último mes. Esta proposta promocional organizada por Turismo de Galicia contribuíu a enriquecer a oferta dispoñible durante estas datas para os turistas e os propios veciños da capital de Galicia.
-
O dispositivo posto en marcha este ano, e presentado en Pedrafita do Cebreiro, estará composto por motoristas da agrupación da Garda Civil de Tráfico e do Seprona, así como por cabalos do Escuadrón de Cabalería e axentes de Seguridade Cidadá. A Policía Autonómica despregará patrullas nos diferentes itinerarios do Camiño de Santiago.
-
A candidatura Cíes-Illas Atlanticas, na final para ser Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en ParísO conselleiro de Cultura e Educación reuniuse coa directora do Centro do Patrimonio Mundial, Mechtild Rössler, e coa embaixadora de España ante a UNESCO, Teresa Lizaranzu. O Goberno galego amén respaldou diante da UNESCO a futura inclusión na Lista do Patrimonio Mundial das candidaturas, nomeadamente as da Ribeira Sacra e a do Ferrol da Ilustración.