Notas
-
A Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) inicia mañá a nova programación para o segundo semestre do ano con dous concertos de verán, que terán lugar na sala A Ventana de Laxe, onde actuará o grupo feminino Ejazz ás 23,30 h., e no Náutico do Grove, no que soará a homenaxe ao rock hispano dos anos 60 a cargo de Los Mecánicos a partir da medianoite. Ambas citas, programadas en locais a carón da praia como parte da oferta cultural galega.
-
Santiago de Compostela acollerá a celebración da Gala Showcooking De tapas por Galicia, na que se elixirá ao mellor cociñeiro de petiscos 2018, de entre os representantes das sete grandes cidades galegas que foron gañadores dos concursos locais de minipratos que se celebraron durante o pasado ano.
-
A festa popular "Laroucofest" 2018 do concello de Baltar céntrase nesta cuarta edición en pór en valor a riqueza do noso medio ambiente e na defensa das tradicións do rural. A celebración, que terá lugar os días 27 e 28 de xullo, desenvolverá un programa con actividades lúdicas, deportivas e musicais, que teñen á mocidade como protagonista. A presentación tivo lugar hoxe no Pazo Provincial da Deputación de Ourense.
-
Este sábado arranca la 34º Muestra Internacional de Teatro de Ribadavia, que del 14 al 22 de julio concentrará un total de 21 espectáculos procedentes de 6 nacionalidades diferentes (España, Italia, México, Uruguay, Reino Unido y Portugal), además de actuaciones de calle y un completo programa de actividades pararlelas (talleres, encuentros con artistas, charlas, presentaciones, etc.).
-
O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC (OARMA) desenvolve por quinto ano consecutivo o programa de divulgación astronómica TodoCosmos, que tenta levar esta ciencia a todos os lugares e sectores da poboación galega. A iniciativa conta co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, que recentemente a recoñeceu como práctica Innovadora en Cultura Científica.
-
A chuvia rexistrada en xuño duplicou a chuvia acumulada habitual para os sexto mes do ano; isto debeuse principalmente ao período chuvioso dos primeiros 11 días do mes e aos fenómenos tormentosos rexistrados nos últimos días. Esta é unha das conclusións que recolle o informe climatolóxico mensual de MeteoGalicia, no que se subliña que xuño foi un mes moi húmido con temperaturas máximas máis baixas do normal e mínimas máis cálidas.
-
O Corazón da Artesanía, VII Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, pechou as súas portas en Agolada despois dunha fin de semana na que converteu o recinto histórico-artístico dos Pendellos no epicentro dos oficios artesanais, da gastronomía e da música. Arredor de 8.000 persoas acudiron a Agolada para visitar os 52 profesionais da artesanía, que representaban 26 oficios diferentes, e os 49 expositores de produtos gourmet.
-
Elman, Tunduru, The Soul Breakers e LOLA foron seleccionados como gañadores do XX Concurso de Bandas e Solistas de Cuac FM e actuarán no 32º Festival Noroeste Estrella Galicia como teloneiras dos cabezas de cartel o 10 e o 11 de agosto na Praia de Riazor. O Festival, organizado polo Concello da Coruña, colabora un ano máis co Concurso de Bandas e Solistas da radio comunitaria coruñesa Cuac FM, que este 2018 celebra a súa 20ª edición.
-
A Rede Cultural da Deputación da Coruña ofrece case setecentas acutacións nos meses de xullo e agosto ao longo de todo o territorio. Música, danza, teatro, e demais manifestacións artísticas chegarán aos concellos a través do circuito cultural da Deputación. Cun orzamento de case dous millóns de euros, a Rede Cultural da Deputación da Coruña promove ao longo do ano 2018 un total de 1.797 actuacións.
-
Presentouse en Lugo o Blues Museum, segunda edición do Festival Internacional de Blues de Lugo, totalmente gratuíto, que organiza o Goberno da Deputación, coa colaboración do Concello de Lugo, os días 20 e 21 de xullo, na praza da Soidade da capital lucense. Esta nova programación musical conta cos artistas máis punteiros do blues así como as novas promesas deste repertorio, chegados de distintos puntos do mundo, como Estados Unidos, Italia, Inglaterra ou España.