Notas
-
A responsable de Turismo da Xunta apoiou na feira IBTM World a presentación dos recursos e infraestruturas galegas para este nicho de mercado, nunha clara aposta por mellorar a súa capacidade como destino do turismo de negocios. A estratexia turística do Goberno galego dedica unha liña específica a este tipo de viaxeiros, cunha alta capacidade de gasto.
-
A deputada socialista Noela Blanco sinala que a declaración da Festa do Polbo como de Interese Turístico remóntase a 1972, e conta dende 2012 coa declaración de Interese Turístico Nacional, co que tan só resta a súa declaración como de Interese Turístico Internacional.
-
O Auditorio de Galicia acolleu unha nova xuntanza do renovado Consello Municipal de Turismo. Na orde do día tratáronse tres puntos destacados: análise dos principais resultados turísticos do 2017, presentación das principais liñas de traballo para a elaboración do Plan Estratéxico de Turismo 2017-2022, e presentación por parte do catedrático Luis Caramés do seu informe sobre a Taxa Turística.
-
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e o catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago, presentaron no Pazo de Raxoi as principais liñas dun estudo sobre a implantación da Taxa Turística en Santiago. Este estudo será presentado ao sector en detalle na próxima reunión do Consello Municipal de Turismo, o 9 de outubro.
-
Organizada por Turismo de Galicia, a exposición itinerante percorre con éxito varias cidades para homenaxear aos hospitaleiros voluntarios. É unha homenaxe a todos os hospitaleiros voluntarios a través dunha selecta colección de fotografías de Manuel G. Vicente que foron tomadas nas últimas décadas. A mostra pretende difundir os valores xacobeos ao longo da Vía da Prata.
-
A Xunta indica que a declaración como BIC comezará co obxectivo de que despois da exposición pública e as alegacións, se poida aprobar definitivamente a finais de 2018, con 3 valores que reúne a Ribeira Sacra para ser BIC: valores naturais, culturais e mixtos da interacción do ser humano coa natureza.
-
O encontro inaugurouse coa presenza da directora de Turismo, Nava Castro; a secretaria xeral do Deporte, Marta Míguez; a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira. A feira reúne en Ourense a profesionais de máis de 40 países que integran a cadea de valor da industria termal.
-
Turismo de Santiago participa con dous mostradores na Tourismo Expo Japan 2017, a mostra de turismo máis importante de Xapón, que se celebra ente o 21 e o 24 de setembro en Tokio. O primeiro mostrador sitúase no stand de Turespaña, no pavillón de Europa. O segundo ubícase no pavillón xaponés, no stand da prefectura de Wakayama.
-
A presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, e a secretaria de Estado de Turismo, Matilde Asián, asistiron a esta acción promocional que presenta Galicia como destino enoturístico para gozar todo o ano coa chef Lucía Freitas, a enóloga Cristina Mantilla e as artesás Montse Liñares, Idoia Cuesta, Paula Ojea, Elena Ferro e as redeiras da Illa da Estrela de Corme.
-
Turismo de Galicia celebra esta candidatura ao recoñecer o enorme potencial enoturístico da Comunidade galega vencellado coa gastronomía e a paisaxe. Os gañadores dos premios da publicación Wine Enthusiast, considerada como unha das revistas de viños máis influentes de Estados Unidos, coñeceranse en xaneiro de 2018.