Notas
-
O grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade estivo presente na Feira JATA 2017, celebrada en Tokio (Xapón) do 21 ao 24 de setembro. Esta é a feira de turismo máis importante do país nipón. Santiago de Compostela puido promocionarse xunto co resto de Cidades Patrimonio dentro do stand de Turespaña.
-
Celebrarase no Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) e reunirá prestixiosos cociñeiros galegos e a expertos en sustentabilidade e nutrición, accesibilidade nos establecementos hoteleiros ou menús saudables. Haberá relatorios e obradoiros de cociña para os que está aberto o prazo de inscrición na páxina web do CSHG.
-
El viaje incluyó una visita al Parlamento Europeo donde se informó a los eurodiputados de cual es la situación actual de los diferentes itinerarios del Camino de Santiago en Galicia y de las acciones previstas hacia el próximo Año Santo 2021. El Instituto Cervantes acogió una mesa redonda con el título “Reconstruir Europa a través del Camino de Santiago”.
-
Turismo de Galicia participa ata o día 11 de maio nas xornadas de promoción que se desenvolven en Milán, Boloña e Padua. Turismo da Xunta fai fincapé na promoción do Camiño de Santiago e os produtos relacionados coa cultura, a natureza e a gastronomía. O número de viaxeiros italianos aloxados no primeiro trimestre deste ano medrou un 10,6% en relación ao ano anterior.
-
“Un destino tranquilo pensando para perdurar no tempo, co acento posto na sustentabilidade, ao que non lle dea vertixe ofrecer novos produtos turísticos e experiencias diferentes a outros lugares”, dixo o presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijóo, na presentación da Estratexia de Turismo de Galicia 2020.
-
A LVII edición desta celebración contou coa participación do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. A festa é de Interese Turístico Nacional en recoñecemento á súa antigüidade e á súa singularidade.
-
A directora de Turismo de Galicia sinalou que para aproveitar este gran potencial do sector resulta fundamental apostar pola coordinación tanto público-privada como interadministrativa e asegurou que constitúe unha ferramenta indispensable no desenvolvemento turístico galego.
-
Impulsada por Turismo de Galicia para promover a experiencia turística a carón da Ruta da Camelia e as bodegas da D.O Rías Baixas, a iniciativa incluíu catas, a instalación dun bosque de camelias e encontros con usuarios de Instagram. Tras o seu exitoso paso por Bilbao, a campaña recala en abril na viñoteca Lukas Gourmet de San Sebastián.
-
O presidente da Xunta visitou o Castelo de Pambre, en Palas de Rei (Lugo), e destacou a súa rehabilitación como unha obra patrimonio de todos os galegos que contribuirá a engrandecer os Camiños de Santiagoe reforzar o potencial do Camiño para que 2017 volva ser un ano récord de peregrinos como foi 2016 e para preparar o mellor Ano Santo Xacobeo no vindeiro 2021.
-
A directora de Turismo de Galicia destaca a aposta da Administración autonómica por poñer en valor o patrimonio botánico a través da Ruta da Camelia que xa é todo un referente internacional”. O Comité da Ruta da Camelia será un “paso definitivo” para profesionalizar os xardíns.