A World Trails Conference salienta o papel do Camiño de Santiago como referente internacional
A ruta xacobea ocupou varios dos relatorios destes días, nos que tamén se puideron coñecer as experiencias de, entre outros, o Camiño Kumano Kodo -Patrimonio Mundial e irmandado co Camiño de Santiago desde hai 20 anos- o Camiño Shikoku Henro, co que tamén Galicia mantén férreas alianzas de colaboración, os Camiños de Jeju Olle, en Corea do Sur, o trazado máis largo e alto do mundo e que está situado no Nepal, así como rutas de Taiwan, Grecia, Irlanda ou Xordania, entre outros.A xornada de clausura de hoxe sábado contou coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e cunha conferencia maxistral do director executivo da Organización Mundial do Turismo (OMT), Manuel Butler. Durante o día desenvolveranse presentacións nun formato áxil e dinámico ao redor da xestión realizada en itinerarios como a Ruta dos Fiordos occidentais, en Islandia ou os Sendeiros dos Apalaches, en Estados Unidos, entre outras. Haberá tamén un ciclo de cine dos itinerarios do mundo.
A World Trails Conference é o congreso internacional organizado cada dous anos pola rede mundial de camiños e sendeiros World Trails Network. Este ano, a primeira vez que se celebra en Europa, contou coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo. Permitiu afondar na contribución cultural e económica que os itinerarios conseguen nos distintos destinos turísticos, áreas protexidas e espazos rurais que atravesan.
World Trails Conference

