Skip to main content

A compañía galega de danza La Macana estrea en Alemaña o seu espectáculo

O primeiro, un galego de orixe cubana que na súa ampla experiencia como bailarín nunca tivo que enfrontarse a un maior desafío que bailar cun compañeiro tan próximo. Pola outra banda, un espléndido, atlético e creativo rapaz de catorce anos, cheo de enerxía e de ganas de confrontar a súa perspectiva millennial co seu querido proxenitor.

Ademais do apoio da Agadic a través do Centro Coreográfico Galego, Pink Unicorns conta coa complicidade de dúas importantes institucións dedicadas á danza en Alemaña: o Theater im Pumpenhaus, onde levará a cabo as funcións inaugurais o 7 e o 8 de setembro, e o Theater Bremen, que recibirá a montaxe o 13 e 14 de outubro.

En Galicia poderá verse o 20 de outubro no Teatro Rosalía Castro da Coruña, espazo que tamén participa no proxecto.

La Macana foi fundada no ano 2009 polos creadores e intérpretes Caterina Varela e Alexis Fernández. As colaboracións continuadas con outros artistas e a proxección internacional das súas propostas son dous dos pilares fundamentais sobre os que esta formación constrúe os seus espectáculos.

Pink Unicorns, de La Macana; Directo 9, de Pisando Ovos; e Corps Sonore, de SóLODOS son os tres proxectos coreográficos que foron seleccionados na última convocatoria para participar no programa de coproducións 2017-2018 da unidade de danza da Agadic. Todos eles sitúanse no ámbito da danza contemporánea e na exploración de novas linguaxes escénicas desde diferentes perspectivas.
La Macana