Notas
-
LITVI 2010, o Encontro Internacional de Literatura de Viaxes organizado por Xacobeo 2010 e que está enmarcado no Ano do Libro e da Lectura, inaugurou o congreso As literaturas do Camiño, que se celebra ata o mércores 23 de xuño no Centro Social de Caixanova de Santiago de Compostela.
-
Turgalicia e Turespaña promoven xornadas de traballo entre axentes nipóns e empresarios do sector turístico galego co fin de promover o posicionamento de Galicia como destino turístico estratéxico.
-
Entre las 17 personas con discapacidad habrá cuatro personas ciegas, cuatro en silla de ruedas, una con discapacidad física y el resto con discapacidad intelectual. Del 16 al 22 de julio recorrerán el tramo comprendido desde O Cebreiro a Compostela.
-
A Xunta de Galicia garantirá a accesibilidade e a mellor conservación da Muralla de Lugo na procura de solucións óptimas e compatibles coa integridade do monumento Patrimonio da Humanidade.
-
Xacobeo 2010 promove en Santiago de Compostela ata o 25 de xullo a exhibición da mostra Beijing Time. A hora de China, na que 16 artistas ofrecen unha visión da nova creación asiática en disciplinas como o debuxo dixital, vídeo, fotografía, videoinstalación e cinema.
-
Entre o 25 de maio e o 5 de xuño promóvese en Barcelona a campaña Camino de Santiago, camino de Galicia, ¿vienes?, na que xa participaron 16.000 persoas durante a súa estancia en Madrid, Valencia e Zaragoza onde procurou incentivar as viaxes turísticas a Galicia.
-
O conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia presentou a modificación da Lei do Turismo como "unha reforma que proporcionará maior flexibilidade e axilidade ás realidades das empresas" e co obxectivo de fomentar o emprego neste sector considerado estratéxico.
-
O antigo cárcere de A Coruña acolle entre o 3 e o 6 de xuño a I Mostra de Cinema Periférico S8 incluída no ciclo Xacobeo Filme. Por ela está previsto que pasen recoñecidos cineastas nacionais e internacionais.
-
As actividades conmemorativas do Corpus de Ponteareas inclúen unha composición especial da alfombra de frores na Praza do Obradoiro, previa á misa do Peregrino e no marco da colaboración co Xacobeo que promove o concerto da cantante Amaia Montero o 6 de xuño.
-
A mostra, que se enmarca no Camiño Contemporáneo e recolle a súa colección de arte contemporánea, estará no Auditorio municipal do concello coruñés ata finais de agosto, desde onde viaxará a Caldas de Reis, Vilagarcía, Baiona e Tui.