Notas
-   
  
  
  A clave da campaña é o uso da tecnoloxía de código QR co que os peregrinos poderán obter entrada reducida e un exemplar dun libro de Camilo José Cela. A Fundación está aberta nos meses de xullo e agosto, de luns a venres, de 10 a 21 horas.
-   
  
  
  Turismo de Galicia, a través do Xacobeo, participa na feira ExpoCatólica 2013 que, dende o 20 e ata o 26 de xullo, ten lugar no recinto feiral Riocentro da cidade brasileira de Río de Janeiro, e pola que adoitan recibirse case 300.000 visitantes.
-   
  
  
  Nos exercicios 2012 e 2013 xa se investiron 2,5 millóns e nos vindeiros 2014 e 2015 prevese un importe doutros 2 millóns de euros para mellorar os seis parques cos que conta Galicia: Monte Aloia, Corrubedo, Fragas do Eume, Baixa Limia- Xurés, Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra e o parque nacional das Illas Atlánticas.
-   
  
  
  Na súa visita está previsto o percorrido por algunhas vilas e recursos turísticos da Costa da Morte así como Arousa Norte, parte do Barbanza, a Ría de Muros e Noia e as cidades de Vigo, A Coruña e Santiago.
-   
  
  
  O Xacobeo asina un convenio con concellos do Camiño Francés para que os municipios proporcionen aos peregrinos información turística especializada sobre a ruta xacobea e os seus recursos culturais. Incrementarase o persoal especializado necesario nos puntos de información.
-   
  
  
   Esta proposta enmárcase na estratexia de impulso ao sector artesán que desenvolve a Xunta, centrada na innovación, a mellora da comercialización ou a formación. Mónica de Nut e Virxilio da Silva e o Dúo Fernández e Quintá poñerán a música nunha xornada na que tamén se presentará o proxecto Regal Gourmet. Esta proposta enmárcase na estratexia de impulso ao sector artesán que desenvolve a Xunta, centrada na innovación, a mellora da comercialización ou a formación. Mónica de Nut e Virxilio da Silva e o Dúo Fernández e Quintá poñerán a música nunha xornada na que tamén se presentará o proxecto Regal Gourmet.
-   
  
  
   A Xunta de Galicia decide incorporar o Castelo de Sobroso, de Mondariz (Pontevedra) ao Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia. Trátase dun castelo medieval construído entre os séculos IX e XII e hoxe é unha das fortalezas mellor conservadas de Galicia. A Xunta de Galicia decide incorporar o Castelo de Sobroso, de Mondariz (Pontevedra) ao Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia. Trátase dun castelo medieval construído entre os séculos IX e XII e hoxe é unha das fortalezas mellor conservadas de Galicia.
-   
  
  
   Durante a entrega dos distintivos nun acto na praia de Valcovo, en Arteixo, o presidente da Xunta amosa o seu convencemento de que Galicia acadará o saneamento integral das rías en plena crise económica e destaca a prioridade que da a Xunta á calidade das augas e das praias. Durante a entrega dos distintivos nun acto na praia de Valcovo, en Arteixo, o presidente da Xunta amosa o seu convencemento de que Galicia acadará o saneamento integral das rías en plena crise económica e destaca a prioridade que da a Xunta á calidade das augas e das praias.
-   
  
  
  Trátase da XIV edición da SacroExpo, considerada a máis importante de Europa no seu xénero e que reúne na cidade polaca de Kieice a 300 expositores de todo o mundo. Este ano incorpora novidades como tecnoloxías para o deseño de espazos verdes.
-   
  
  
   Consta de 1.135 pezas das doce etnias do Amazonas venezolano, 120 imaxes de Edgardo González Niño e Charles Brewer-Carías e unha pequena colección sobre a tradición fluvial galega. Por todo isto, está considerada como unha das mostras de arte étnica latinoamericana máis importantes do mundo. Consta de 1.135 pezas das doce etnias do Amazonas venezolano, 120 imaxes de Edgardo González Niño e Charles Brewer-Carías e unha pequena colección sobre a tradición fluvial galega. Por todo isto, está considerada como unha das mostras de arte étnica latinoamericana máis importantes do mundo.





