Notas
-
O festival Internacional de Música Avanzada e Arte Multimedia celébrase en ExpoCoruña o 17, 18 e 19 de xuño, os mesmos días que en Barcelona, un feito que acontece por primeira vez no Sónar.
-
O Xacobeo 2010 recolle no Camiño Contemporáneo os proxectos expositivos máis vangardistas, entre os que figuran mostras como Pierre Gonnord. Terre de personne e Regreso ás orixes. Xerusalén, Roma, Santiago.
-
A S.A. de Xestión do Xacobeo promove esta iniciativa que levará as actuacións da Orquestra Panorama, que empezou a actuar o 25 de decembro de 1978, a máis de 200 vilas galegas durante todo o Ano Santo 2010. A xira arranca o 12 de marzo en Bembribre.
-
Turismo participa en Venecia no lanzamento do proxecto i-Speed que fomentará a competitividade e a sostenibilidade do sector fronte ao crecemento global a través das tecnoloxías da información. i-Speed pretende incrementar a conciencia dos políticos no potencial das ferramentas online.
-
O músico californiano presenta Mr. Lucky e interpreta en Ourense varios dos éxitos do seu repertorio. A cantante coruñesa promociona o seu novo disco, La Pasión, unha homenaxe ao bolero latinoamericano de mediados de século. Dentro da programación do Camiño da Música, Fito y los Fitipaldis fará vibrar a Galicia co seu último disco e algúns dos seus éxitos inmortais.
-
O deputado do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, denuncia que a páxina web de Paradores do Estado non está en galego, pero sí en alemán, francés ou catalán. Jorquera critica a recorrente teima do Goberno central en marxinar á lingua galega constantemente.
-
Cantos Somos levouse o segundo premio e Borralliño-Soutelo o terceiro, cunha representación do 125 aniversario da ponte internacional
-
Os Príncipes de Asturias presidiu en Roncesvalles a apertura oficial do Ano Santo Compostelán. Presidentes das Comunidades Autónomas polas que transcorre o Camiño a Compostela asistiron ao evento no que o presidente da Xunta reivindicou a Ruta Xacobea como a matriz de Europa.
-
Turgalicia promocionará o campismo e o autocaravaning galegos no certame europeo máis importante deste sector, no marco da campaña de comercialización da oferta turística galega en feiras internacionais nas que Galicia participa de forma continuada.
-
A compañía aérea incluirá descontos aos visitantes que se acheguen a coñecer Galicia a través de fam-trips e demais viaxes de familiarización que teñan a comunidade autónoma como destino, especialmente no Ano Santo 2010.