Skip to main content

Chris Isaac e Luz Casal incorpóranse ao cartel do Xacobeo 2010

A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo 2010 vén de confirmar as últimas incorporacións á programación do Camiño da Música. O músico californiano Chris Isaac presentará novo disco en Ourense, mentres que Luz Casal actuará a finais de maio en Pontevedra e Lugo, e o 22 de xullo en Santiago con motivo das Festas do Apóstolo. Por outra banda Fito y los Fitipaldis, actuará en Pontevedra e Ourense na promoción do seu último disco.

O músico californiano presenta o seu disco número once, Mr. Lucky, despois de tres anos de silencio, no que representa un discurso musical sobre o azar que viaxa do éxtase dos grandes romances aos agónicos infortunios do amor. Na súa nova obra mestra, Chris Isaac, amósase como un home afortunado, como el mesmo di “por todos os dores e praceres da vida, este é un mundo marabilloso e eu entendo que so nun dos tipos máis afortunados da terra: teño o traballo dos meus soños e sigo traballando nelo”.

Cantante, compositor, músico e actor, este artista californiano leva cativando desde fai máis de 25 años coa súa mestura pop de country, rockabilly y rock & roll. Con influencias de Elvis, Roy Orbison, o blues clásico e o country tradicional, posúe unha das mellores voces da escena. En 1989 conseguiu o seu primeiro gran éxito internacional co seu álbum Heart Shaped World e o seu single Wicked Game. Con 13 potentes álbums no seu haber preséntanos o seu último disco Mr. Lucky onde volve aos seus orixes máis americanos.

Isaac actuará o vindeiro 23 de xuño en Ourense, nos Xardíns do Posío, no que suporá o seu regreso a Galicia desde o concerto dos Mil Anos do Xacobeo 93. O californiano, ademais de presentar o seu último álbum conseguirá levarnos novamente aos 80 con éxitos como Wicked Game, Baby Did a Bad, Bad Thing ou Somebody´s Crying.

Luz Casal e a expresión máis auténtica do bolero

A artista coruñesa Luz Casal achega ao seu público o seu duodécimo disco, La pasión, un homenaxe ao bolero latinoamericano na expresión máis enraizada da súa orixinalidade. O álbum é unha viaxe ao pasado, onde a artista interpreta os boleros desde a súa orixe, volvendo ao seu afán de pureza. Luz Casal realiza un percorrido en branco e negro polo xénero que dominou o universo musical latinoamericano durante a maior parte do século XX. A cantante galega fala do amor e do desamor, do rancor e da esperanza, servíndose das letras de grandes poetas dos anos 40, 50, 60 e 70 e sen esquecer o seu estilo directo e rotundo. Luz Casal ponlle voz as grafías de Carlos Brito, Julio Rodríguez, Lucho Gatica ou Eduardo Magallanes.

Luz Casal mostrou sempre unha vocación inquebrantable de querer dedicarse á música. Ata a gravación do seu primeiro single, El ascensor, que obtivo o premio da crítica, Luz curtiuse en diferentes grupos e musicais. Desde o primeiro intre a cantante e compositora evitou caer ma queixa fácil do victimismo e creceu ante as adversidades. En 1989, Luz Casal experimentou o sabor do éxito total. O seu quinto disco, Luz V. Loca, deixou temas como Te dejé marchar ou No me importa nada que a converteron na solista española por excelencia.

Con Tacones Lejanos de Pedro Almodóvar e a interpretación de Luz Casal de Piensa en mí e Un año de amor marca un punto de inflexión na carreira dunha artista que abarca todas as facetas e rexistros posibles. A partir deste momento, a cantante galega alcanza altos niveis de composición producindo 4 discos entre os que destaca Como la flor prometida (1995) e o single Entre mis recuerdos, chegando a acadar un Goya pola banda sonora de El Bosque animado. No ano 2007 Luz enfróntanse valentemente a enfermidade do cancro facendo gala da infatigable forza que sempre a caracterizou. Esa vitalidade enxendra o seu undécimo disco, Vida tóxica, o último antes do seu novo La Pasión.

A artista coruñesa deixará a súa pegada neste Xacobeo 2010 con tres concertos, concretamente o 28 de maio en Pontevedra (Centro Social Caixanova), o 29 de maio en Lugo (Auditorio Gustavo Freire) e o 22 de xullo en Santiago de Compostela (Praza da Quintana).

O concerto de Luz Casal na Praza da Quintana virá a engordar o programa Xacobeo para ás Festas do Apóstolo de Santiago. As festas maiores da capital galega locen unha lista de actuacións encabezada polo concerto de Mark Knofler no Multiusos Fontes do Sar o 28 de Xullo. A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo promociona de xeito especial a oferta lúdica das Festas do Apóstolo, a través do convenio aprobado co Consorcio de Santiago para financiar os fogos de artificio e o espectáculo audiovisual da noite do 24 de xullo.

Para estes espectáculos populares de Fogos do Apóstolo na Praza do Obradoiro do 25 de xullo o Xacobeo investirá 100.000 euros. Esta partida inclúe asemade, os espectáculos de luz e son que terán lugar os días 25 e 31de xuño ás 23.00 horas tamén na Praza do Obradoiro.

Fito y los Fitipaldis

Os incombustibles Fito y los Fitipaldis, dirixidos por o compositor bilbaíno Fito Cabrales estarán doutra volta en Galicia con motivo do Xacobeo 2010. Dende 1998, a banda de Bilbao rompe co estilo do anterior grupo de Fito, Platero y tú, e confecciona unha música moi variada, desde o rock and roll ata o blues pasando polo soul ou o swing. A temática das súas letras adoita falar de historias persoais.

Fito y los Fitipaldis é un grupo español acostumado a posicionarse no cumio da música nacional. O seu álbum Por la boca vive el pez, conseguiu ser número 1 na lista de ventas de e ser Disco de Platino, con más de 100.000 copias vendidas, en menos de dúas semanas. Ademais, Fito & Fitipaldis converteuse na primeira banda da historia en colocar toda a súa discografía de estudio entre os 100 discos máis vendidos en España. No 2007 o grupo recibiu un Disco de Diamante por vender máis dun millón de discos.

Agora Fito e os seus continuarán coa xira de promoción da súa última creación, Antes de que cuente diez, disco que acadou ser disco de oro a solo unha semana da súa publicación. Fito y los Fitipaldis actuarán o 19 e 20 de marzo no Recinto Feiral de Pontevedra e no recinto de exposicións Expourense da cidade de Ourense. Ademais das novidades do último disco Fito achegará ao Xacobeo o repertorio dunha traxectoria repleta de éxitos.

A compañía multidisciplinar israelí, Mayumana, presenta o seu último espectáculo Momentum en Vigo e A Coruña a finais de febreiro e principios de marzo. As entradas para asistir aos concertos pódense adquirir xa a través da web do Xacobeo ou directamente a través da páxina servinova.com.

Mayumana desenrolou unha linguaxe única e internacional, baseada no talento persoal, no ritmo, no visual e por encima de todo, na creatividade. Desde a estrea do seu primeiro espectáculo en 1998, máis de 4,3 millóns de persoas disfrutaron con Mayumana en máis de 30 países nos que actuou o grupo. Desde a súa primeira visita a España en abril de 2001, Mayumana converteuse nun dos espectáculos de maior éxito no noso país. Máis de vinte cidades españolas colgaron o cartel de "esgotadas as localidades" sumando a cifra de máis de 1.000.000 espectadores. Os seus espectáculos reúnen teatro, danza e percusión, con coreografías enérxicas e de gran vitalidade. A percusión execútase sobre obxectos pintorescos como contedores de lixo e outros obxectos reciclados.

O grupo de danza e percusión fundado en Tel-Aviv por Eylon Nuphar, Boaz Berman e Roy Oferen en 1997 actuará no Centro Cultural Caixanova de Vigo do 24 ao 28 de febreiro e no Coliseum de A Coruña do 11 ao 13 de marzo.

Pola súa banda, os concertos da completa e ambiciosa programación de Xacobeo Classics seguen importando a Galicia unha excepcional selección de música clásica para este ano 2010. As entradas poderanse adquirir a través dos servizos de CaixaGalicia e Caixanova a partir do 18 deste mesmo mes.

Aos últimos espectáculos de Ricardo Muti e Dolora Zajick súmanse ata xuño, eventos de gran importancia que achegarán a Galicia o mellor da música clásica do momento. Cecilia Bartoli (Santiago, 25 de abril), Lang Lang (Santiago, 12 de maio), Zubin Metha (Santiago, 11 de xuño), Anne Sophie Mutter (A Coruña, 18 de xuño) ou Vasily Petrenko (Santiago, 24 de agosto) son algúns dos nomes propios deste ciclo Classics que está a cumprir con creces todas as expectativas.


Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia