O BNG denuncia que a páxina web de Paradores do Estado non está en galego
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/paradores_turismo_web.jpg)
Francisco Jorquera denuncia que “a recorrente teima da Administración Central en marxinar á lingua galega vulnera toda a lexislación e iniciativas adoptadas para que o Goberno Central respecte o carácter plurilingüísticos do Estado español”.
“É unha falta de respecto cara os consumidores galegos”
“É unha falta de respecto cara os consumidores galegos e galegas, como se non tivésemos dereito a sermos atendidos na nosa lingua, pero si os teñen os alemáns, os franceses ou os cataláns”, asegura Jorquera.
Ante esta situación, o deputado do BNG pregúntalle ao Goberno por qué motivo o galego está excluído da web de paradores e se non considera que isto é claramente discriminatorio. Neste sentido, esixe que se adopten medidas para que o galego, ao igual que o castelán, poda ser utilizado en todos os trámites da web de paradores. Francisco Jorquera pídelle ao Goberno que explique cal é a razón de que a Administración Central marxine de forma recorrente á lingua galega.
Gabinete de Comunicación do BNG