Skip to main content

Noticias

  • Tivo lugar en Álava o encontro da España Verde, coa presenza dos directores de turismo das catro comunidades autónomas que integran esta marca que, ademais de Galicia, está conformada por Asturias, Cantabria e País Vasco. Coincidindo con 30 aniversario da España Verde e baixo a coordinación que este ano asume o País Vasco, o encontro serviu para facer balance das actividades realizadas ata o de agora e avanzar na programación deste 2019. Preténdese intensificar agora os esforzos mediante unha serie de accións encamiñadas a captar novos mercados de interese estratéxico, especialmente o asiático, e centrarse nos recursos que unen ás catro comunidades.
  • Galicia mantén a súa segunda posición no número total de areais que contan con bandeira azul, despois de Valencia con 135 distincións. Deste xeito, a comunidade galega acapara case un 20% das 566 bandeiras azuis totais outorgadas en España pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) aos areais, e vai seguida no ranking nacional pola Comunidade catalana (97 bandeiras),e pola andaluza (79). Nesta nova edición, o Concello de Sanxenxo volve repetir posición como o concello galego -e do conxunto do Estado- con máis bandeiras azuis, con 14 praias distinguidas. Na provincia de Pontevedra, destacan tamén o Concello de Vigo, que suma 10 en 2019; Cangas do Morrazo (7), Marín e Baiona, con 5 cada concello.
  • A estadía media nos establecementos de aloxamento galegos medrou no primeiro trimestre un 2,3%, situándose na cifra máis alta dos últimos cinco anos. Nos tres primeiros meses visitaron Galicia máis de 614.000 viaxeiros, que realizaron máis de 1,1 millóns de pernoitas, o que supón un crecemento dun 18% no último lustro. Durante os tres primeiros meses deste ano o turismo internacional medrou preto dun 2% . É o quinto ano consecutivo no que se rexistra un crecemento do turismo internacional en Galicia neste primeiro trimestre situando o nivel de 2019 en máis de 218.000 noites, a cifra máis alta en 11 exercicios. No que se refire só ao mes de marzo, tamén se rexistrou un aumento no tempo que os viaxeiros permanecen na Comunidade galega malia o efecto de Semana Santa, que nesta ocasión se celebrou en abril.
  • En termos de ocupación o rango xeral situouse entre o 65% e o 85%, aumentando entre o Xoves e o Sábado Santo ata o 95% e chegando mesmo ao 100% en algunhas zonas como Ferrol, Viveiro ou a Ribeira Sacra. A provincia de Lugo foi unha das zonas que máis medrou cunha ocupación media do 93%, que supón un aumento interanual do 10%. Nótase tamén a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Unesco e a designación do Xeoparque Montañas do Courel. Ademais, destacan a chegada de 14.000 peregrinos a Santiago de Compostela, un 61% máis que en 2018, e os bos resultados do turismo rural cunha ocupación do 67%.
  • O Instituto Nacional de Estatística fixo públicos os datos turísticos relativos ao mes de marzo que revelan que no primeiro trimestre o turismo internacional creceu preto dun 3% en relación ao mesmo período de 2018. Tamén se observa un comportamento positivo no relativo ao turismo interno, que tamén experimentou unha suba do mesmo nivel. As cifras deste primeiro trimestre están condicionadas por un factor externo, xa que no ano 2018 a Semana Santa celebrouse en marzo. Sen embargo, isto non afectou ao turismo interno e internacional. No que se refire ao primeiro trimestre do ano, os viaxeiros quedaron máis días en Galicia. A estadía media medrou máis dun 3% colocando o dato deste ano no máis elevado desde o 2014.
  • O Camiño de Santiago medrou un 61,34% durante esta Semana Santa con respecto á de 2018, que se celebrara a finais do mes de marzo. Entre o Venres de Dores e o Domingo de Resurrección recolleron a Compostela un total de 13.969 camiñantes, a maior parte chegaron a partir do Xoves Santo. En total, nesas catro xornadas, foron máis de 8.000 peregrinos, o que supuxo un 58,41% do total e rexistráronse picos de máis de 2.000 diarios en xornadas como o venres e o sábado. Durante toda a Semana Santa, a maior parte dos peregrinos procederon do estranxeiro. De feito, o 51,6% dos que recolleron a Compostela entre o venres 12 e o domingo 21 chegaron de fóra de España, destacando especialmente os portugueses, alemáns, irlandeses e estadounidenses.
  • Tras a experiencia positiva do ano pasado, este ano volve celebrarse en Santiago o II Congreso Internacional O Camiño do Medievalista baixo o lema “Et Ultreia” que tradicionalmente os peregrinos do Camiño de Santiago adoitaban para incentivarse no esforzo de ir ‘máis aló’ ata chegar á tumba do Apóstolo. O encontro terá lugar no Paraninfo da Universidade compostelá entre os días 24 e 26 de abril e conta co apoio e a colaboración da Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares, a Universidade de Santiago de Compostela, o Departamento de Historia da USC e o Centro de História da Sociedade e da Cultura da Universidade de Coimbra. Están previstos tres relatorios de recoñecidos especialistas no ámbito dos estudos filolóxicos, históricos e artísticos dedicados á Idade Media.
  • As Montañas do Courel foron declaradas Xeoparque Mundial pola UNESCO nunha reunión celebrada en París por este organismo internacional dependente de Nacións Unidas. Este territorio da provincia de Lugo, que abrangue os concellos de Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Quiroga convértese, así, no primeiro Xeoparque Mundial de Galicia e do Noroeste de España, ocupando o posto número 13 do país. Así, queda integrado O Courel nunha rede mundial de parques xeolóxicos e áreas naturais protexidas formada por un total de 141 territorios en todo o mundo, o que supón un extraordinario impulso ao turismo da zona e abre novas posibilidades e oportunidades económicas. A candidatura a Xeoparque Mundial foi presentada en novembro de 2017 ante a UNESCO.
  • Os aspectos clave do proxecto son a integración nun único punto de toda a información turística da provincia de Ourense por medio do uso dun modelo tecnolóxico aberto (esquema Open Data) sobre a que se fomente a participación, o diálogo e a colaboración entre os turistas a través das novas tecnoloxías e as canles dixitais. Tamén, entre as innovacións do proxecto analizadas hoxe destaca a interoperabilidade, xa que a plataforma será capaz de obter información de diferentes fontes de datos; e a potenciación dos turismos accesible, activo, termal e cultural, ademais de fomentar o carácter innovador do sector turístico da provincia a través de solucións TIC punteiras como son: Big Data, Realidade Aumentada, Realidade Virtual, portais web de potenciación e Marketing Dixital.
  • Froito da actividade relacionada cos itinerarios xacobeos, Galicia conta hoxe cunha importante industria turística que supón o 10,4% do noso Produto Interior Bruto e ao redor do 11% dos postos de traballo. Nesta liña, estudos de diversas entidades públicas e privadas, estiman que o PIB de Galicia pode crecer entre cinco e seis décimas durante un ano Xacobeo, e consolidarse un crecemento de 1,5 décimas para os anos posteriores. Estes mesmos estudos reflexan que o número de turistas que visitan a nosa Comunidade tende a incrementarse en máis de un millón, dos cales a metade consolidaríanse permanentemente nos anos posteriores.