Noticias
-
Galicia acadou en decembro a maior cifra de turistas da súa historia, con máis de 220.000 viaxeiros aloxados nos seus establecementos hoteleiros, o que supón un 9,2% máis que no mesmo mes do ano anterior. Así se desprende dos datos difundidos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que amosan o intenso avance da estratexia de desestacionalización da demanda turística que se están levando a cabo na Comunidade. Estes resultados propician que Galicia fora a cuarta comunidade cunha maior evolución no último mes do ano, con subas moi por riba de media nacional en todas as variables.
-
Esta publicación dará a coñecer Galicia a través dunha particular guía de viaxes centrada en difundir os valores naturais da comunidade a través das súas árbores máis senlleiras e relevantes. O documento foi presentado esta mañá na Feira Internacional de Turismo (Fitur), e inclúe unha escolma cos 50 exemplares e formacións arbóreas más notables incluídos no catálogo galego de árbores senlleiras, un rexistro creado hai 12 anos pero en constante actualización. É a primeira guía destas características que se edita en Galicia.
-
Galicia presentará iniciativas xa consolidadas como a Ruta da Camelia, os Trens Turísticos de Galicia –dos que se dará conta das novidades da sétima edición–, ou propostas enoturísticas como Paseando entre viñedos e a nova estratexia Galicia Sabe. Tamén estarán presentes os dez produtos cabeceira de marca e celebracións de longa tradición popular que continúan a gozar de moi boa saúde como os Entroidos galegos, con destacada presenza dos nove con recoñecemento turístico: os de Xinzo de Limia, Verín, Viana do Bolo, Laza, Manzaneda, Maceda, Vilariño de Conso, Cobres-Vilaboa e os Xenerais da Ulla.
-
Galicia remata o 2018 cun excelente resultado empresarial no sector turístico, tal e como reflicte o informe presentado hoxe por Exceltur, Alianza para a excelencia turística, no que fai balance da evolución no pasado exercicio e expón as perspectivas para o 2019. En ambos casos, a Comunidade galega aparece como unha das mellor situadas a nivel nacional. De feito, é a sexta autonomía cun maior crecemento tanto en ventas como en resultados e colócase terceira para o novo ano. En concreto, no que se refire ás ventas, o sector turístico experimentou un aumento do 3%, segundo os datos recollidos pola Enquisa de Clima Turístico Empresarial realizada por Exceltur.
-
A sede do Centro Dramático Galego no Salón Teatro de Santiago de Compostela recibe esta semana a Malasombra Producións con dúas das comedias máis coñecidas desta compañía galega: Go On, o venres 18 ás 20,30 h., e D.E.P. Descanse en paz, o sábado 19 á mesma hora. A programación de xaneiro do Salón Teatro continuará a semana que vén coa estrea de Doppelgänger, espectáculo de Berrobambán en coprodución co Centro Dramático Galego, que tamén colabora con esta compañía compostelá a través do seu programa de residencias. Dentro desta mesma iniciativa, Artesa Cía. chegará á sede do CDG o luns 28 para continuar traballando sobre Chola a It Girl, montaxe que representará no Salón Teatro do 31 de xaneiro ao 3 de febreiro.
-
Especialistas en patrimonio cultural e turismo abordarán a finais deste mes a análise da traxectoria da rede de Paradores no I Simposio Internacional ‘ Paradores, turismo e cultura. Rumbo ao centenario’. Esta é unha iniciativa que organiza o grupo de investigación Iacobus da USC en colaboración con Paradores de Turismo de España e que se celebrará entre os días 29 e 31 de xaneiro no Hostal dos Reis Católicos. O programa contempla un total de 26 relatorios de carácter científico organizados arredor de tres bloques temáticos: paradores e o patrimonio cultural; territorio e cultura; e xestión turística.
-
A Axencia de Turismo de Galicia, inicia hoxe na cidade de Utrecht (Holanda) o programa de promoción internacional da oferta turística galega para o ano 2019 coa participación na feira Vakantiebeurs, o principal mercado turístico dos Países Baixos. Trátase dun certame de carácter xeneral aberto tanto ao público final como aos profesionais do sector que se desenvolverá ata o vindeiro día 13, no que o departamento de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia presentará os produtos turísticos galegos, sobre todo os relacionados coa natureza.
-
A Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) retoma a súa programación a partir de mañá co arranque da súa primeira carteleira semestral de 2019, que lle ofrecerá ao público 349 citas co teatro, a danza, a música, a maxia e o circo en 40 escenarios. Entre elas, as estreas absolutas das novas propostas das compañías galegas Colectivo Verticalia, Estudo Momento, Malasombra Producións, Licenciada Sotelo, Os Monicreques de Kukas, Os Náufragos, Producións Teatrais Excéntricas, Redrum Producciones e Talía Teatro.
-
Os establecementos de turismo rural de Galicia experimentaron unha notable evolución durante o mes de novembro, cun aumento no número de viaxeiros do 13,6%. Esta marca supón un novo avance na potenciación deste tipo de segmento turístico, de especial relevancia para o turismo de interior na Comunidade. Ademais, confirma o rendemento das campañas promocionais así como das experiencias e os produtos impulsados pola Xunta e o sector nesa época, como Outono Gastronómico no Turismo Rural ou o Catálogo de Produtos de Turismo Rural de Galicia – Outono 2018.
-
Queda establecido que a paisaxe cultural da Ribeira Sacra abrangue parte do territorio de 22 concellos das provincias de Lugo e Ourense en dúas zonas diferenciadas: a do BIC; e a de amortecemento. Ademais de incluír unha serie de bens individuais: os que gozan xa da máxima protección -70 Bens de Interese Cultural entre inmobles (58), mobles (3) e manifestacións do patrimonio inmaterial (9)-; 512 bens inmobles catalogados no ámbito da paisaxe cultural da Ribeira Sacra, é dicir, que se sitúan dentro da zona BIC e de amortecemento do ben que se declara polo presente decreto.