Skip to main content

Notas

  • O trío británico Muse actuará en Vigo dentro da programación do Xacobeo 21-22 o vindeiro 8 de setembro no Estadio de Balaídos para ofrecer unha das tres datas que ten reservadas en España. Na cidade tamén actuarán C. Tangana (23 de agosto no Porto de Vigo) e Rufus Wainwright (2 de xullo en Afundación). Ademais, haberá outros dous ciclos (Xacobeo Importa e Xacobeo Vigo) e dous festivais (Latitudes e Música Urbana) para conformar unha oferta que chegará ata os vinte concertos na cidade.
  • A Universidade da Coruña retoma coa edición deste ano do Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña o camiño cara a normalidade. Aínda que este ano o FITEUC terá un formato máis reducido, desde a vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte esperan que o próximo curso se volva a un festival coa participación de universidades como as de antes da pandemia.
  • A 23ª edición desta iniciativa musical destinada a promocionar novos valores da música Celta, será o primeiro concurso que acolla a renovada web do Festival. O Concello de Ortigueira tamén enfocará nas redes sociais os esforzos para impulsar o contacto cos seguidores do evento a nivel mundial. Renovará a campaña de difusión do concurso de novos talentos e estenderá o período de votación online, no que cada persoa poderá elixir aos seus artistas favoritos ata o día 20 de maio.
  • O concerto de presentación do último traballo de Berto abre o abano de “actividades diversas” programadas ao abeiro da vixésima oitava edición do convenio Lugo Cultural, unha iniciativa froito da colaboración entre a USC co Concello e a Deputación Provincial de Lugo, que nesta edición pretende achegarse un pouco máis á comunidade universitaria coa celebración de máis actuacións nos centros universitarios.
  • O Camiño de Santiago rexistra bos datos unha vez superadas as restricións pola pandemia, como o demostra o feito de que só na primeira fin de semana de abril se rexistraran máis peregrinos que en todo o mes de abril do ano pasado. De feito, entre o día 1 e 4 do mes de abril recolleron a Compostela algo máis de 1.600 peregrinos, cando en todo abril do 2021 rexistráronse pouco máis de 1.000.
  • Con máis dun quilómetro de lonxitude, Praia América tense convertido nun dos reclamos turísticos máis recoñecibles de Galicia. Pero antes de chamarse así, este areal do concello de Nigrán era coñecido como praia de Lourido. Foi precisamente para atraer o turismo polo que en 1927 o empresario Manuel Lemos, emigrante en Arxentina, apostou por rebautizar o areal.
  • O vindeiro mes de abril regresa o FIV de Vilalba. A vila gozará durante tres días de diversas actuacións e actividades repartidas entre os escenarios situados na Praza da Constitución, o Escenario Emerxente, e no Campo da Feira, o Escenario FIV, cunha capacidade este ano para 5.000 persoas, e seguindo os protocolos vixentes no momento da celebración do festival, garantindo ante todo a seguridade de público e artistas.
  • A central de reservas do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia xa está operativa para tramitar de forma telemática e gratuíta as autorizacións de acceso necesarias para visitar este espazo natural durante a vindeira Semana Santa, un dos períodos, xunto co verán, nos que está autorizado o transporte regular a Cíes e de Ons.
  • 'Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño' exhíbese en seis grandes contedores de barco, dos que un serve como punto de información e os cinco restantes como salas de exhibición. Participan artistas de Galicia, como Carla Andrade, Luis Díaz Díaz, Iván Nespereira, Bandia Ribeira e Lúa Ribeira, xunto a profesionais de fóra que representan os diferentes Camiños e enlaces con outras rutas históricas.
  • Galicia volve a Fitur, que recupera a súa data tradicional a principios de ano e que se celebrará de xeito presencial do 19 ao 23 de xaneiro, cun stand de máis de 1.000 metros cadrados no que se presentará como destino aberto ao turismo internacional da man do Xacobeo e no que confluirán os valores tradicionais da oferta turística galega coa imaxe dunha Galicia nova en constante transformación, co Camiño de Santiago como eixo central.