Notas
-
Os incendios forestais son un problema complexo que afecta a numerosas zonas do planeta, impactando gravemente no medio ambiente, así como desenvolvemento rural e na súa economía. Aínda que se realizaron investigacións e avances técnicos substanciais nos últimos anos, a superficie que arde todos os anos é moi importante e en moitos casos non se adoptan prácticas de restauración nin de conservación de solos.
-
A conselleira de Política Social, Fabiola García, supervisou os preparativos da campaña de verán no albergue xuvenil Marina Española, onde van comezar a chegar os primeiros participantes. Durante a visita anunciou que a Xunta reforzará o protocolo de seguridade xa aplicado o ano pasado coa realización dunha proba de antíxenos gratuíta para participantes e monitores antes do inicio dos campamentos, minicampamentos e campos de voluntariado.
-
Se han identificado 268 tramos de Áreas con Riesgo Significativo de Inundación (ARPSI), organizadas en 26 agrupaciones, con una longitud de 597,42 kilómetros. El borrador de PGRI estará en información pública durante tres meses para alegaciones, observaciones o sugerencias, pudiendo formularse observaciones y sugerencias dirigidas a la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil en Ourense.
-
Según el destino de Sondea para Securitas Direct, el destino que más valoran los gallegos es la playa: El 61% de los encuestados elegirá este destino, seguidos de aquellos que visitarán pueblos de España (40%), y los que irán a la montaña (11%). Si se comparan estas preferencias con las de la media nacional, los gallegos se interesan en mayor medida por los destinos rurales (un 40% frente al 34% de media nacional).
-
O DOG ven de publicar a convocatoria de adxudicación de estancias e servizos nas residencias de tempo libre da Xunta de Galicia no ano 2021. E con este motivo, o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou a Residencia de O Carballiño e anunciou que as familias poden xa solicitar praza tanto nese centro como no de Panxón.
-
Na noite do domingo ao luns, ás 5.32 horas do día 21 de xuño, dá comezo o verán no hemisferio norte. 'En dito instante o Sol estará no punto Cáncer da eclíptica, ou solsticio de xuño, acadando a máxima elevación con respecto ao ecuador (máxima declinación). Nestes días, polo tanto, temos a meirande diferenza entre o día e a noite', explica o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo.
-
O Atlas de Covas e Canóns de Galicia conta na actualidade con máis de medio milleiro de recursos: 492 covas e 21 canóns que representan 40 quilómetros topografiados e 1.102 metros de profundidade. Reúne as catro paisaxes subterráneas galegas (carst, pseudocarst, paracarst, covas de consecuencia), as construcións subterráneas máis singulares e os canóns equipados para a práctica deportiva.
-
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe na rolda de prensa de Consello da proposta de calendario laboral correspondente ao ano 2022, que recolle como festivos propios o Día das Letras Galegas e o día de San Xoán. Tal e como explicou o titular da Xunta, a norma estatal establece 14 festas anuais de ámbito nacional, dous a elixir por cada concello.
-
Tras a cancelación das edicións de 2020 e 2021 o Concello de Ortigueira, organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, enorgullécese de anunciar unha edición única para 2022, cuxa programación comezará a ser revelada nos próximos meses. O Festival adoita ter unha duración de catro días, sendo así un dos festivais gratuítos máis longos de todo o mundo, pero para 2022 programáronse oito días de actividades e concertos para convertelo nunha edición inesquecible.
-
O concello de Ortigueira centrará por segundo ano consecutivo nas redes sociais os esforzos para impulsar o contacto cos seguidores do evento. Reforzará a campaña de difusión do concurso de novos talentos e estenderá o período de votación online, no que cada persoa poderá elixir aos seus artistas favoritos ata o día 24 de xullo.