Skip to main content

Notas

  • O proxecto 'ConArte no Camiño. Belas Artes para a transmisión dos valores universais do Camiño', promovido polo Grupo Compostela de Universidades (GCU), busca achegar os artistas ao entorno do Camiño de Santiago para que adquiran novas experiencias vitais, que sexan fonte de inspiración na creación de obras plásticas e escenografías, e que posteriormente sirvan de vehículos da transmisión do coñecemento e propicien o seu uso didáctico.
  • O FIV de Vilalba está de volta. Celebrará este 2021 a súa 14ª edición, os días 17, 18 e 19 do próximo mes de setembro. Unha oferta musical que naceu anos atrás ao amparo das Festas Patronais de Vilalba e que, tras máis dunha década de historia, foi adaptándose aos tempos ata converterse nun referente do calendario festivaleiro nacional. Foi a partir da cuarta edición cando o festival adquiriu entidade propia, celebrándose ininterrumpidamente nos meses primaverais ano tras ano; ata a chegada da Covid19.
  • O pistoletazo de saída da quinta edición de 17°Ribeira Sacra Festival tivo lugar esta mañá na presentación do festival no restaurante con Estrela Michelin A Tafona (Santiago de Compostela), fogar da encargada de preparar toda a proposta gastronómica este ano, e á que asistiron Jacobo Sutil, director de Agadic, Carlos A. Montilla, director do festival, Lucía Freitas, chef responsable de A Tafona e representantes dos Concellos e diferentes marcas.
  • O Observatorio Astronómico Ramón María Aller desenvolverá ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro diversas sesións de divulgación astronómica en 22 concellos galegos grazas ás iniciativas 'As estrelas do camiño' e 'Camiños de Estrelas'. Os expertos en Astronomía do Observatorio desprazaranse a Padrón, Teo, Lalín, Noia, Boqueixón, Sanxenxo, O Barco de Valdeorras, Rianxo, Allariz, Santa Comba, O Grove, Monforte de Lemos, e Vedra.
  • O cartel deste ano estenderase do 12 ao 24 de xullo, con 13 citas musicais e a participación de 18 artistas e grupos en catro escenarios, un deles baixo o patrocinio da Xunta de Galicia no marco do Xacobeo 21-22. Trátase, ademais, do primeiro evento da temporada FEST Galicia 2021, a marca creada polo Goberno galego para apoiar este tipo de eventos, considerados estratéxicos tanto no ámbito da cultura como no do turismo.
  • A base de datos de recursos académicos, científicos e didácticos do Camiño de Santiago 'Rede Xacobea' é unha ferramenta de investigación que alberga datos actualizados dos investigadores vivos, institucións, actividades académicas e revistas dedicadas ao estudo do mundo xacobeo e as peregrinacións.
  • Na súa novena edición, o festival Atlántica recalará por primeira vez no concello de Friol cun espectáculo de Ramiro Neira que se desenvolverá este mércores, 7 de xullo, a partir das 18 horas. A actividade é posible grazas á Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia, a Rede Museística Provincial de Lugo e a Deputación de Lugo. O espectáculo de Neira titúlase ‘Vouche contar’ e está concibido para público infantil e familiar.
  • Os incendios forestais son un problema complexo que afecta a numerosas zonas do planeta, impactando gravemente no medio ambiente, así como desenvolvemento rural e na súa economía. Aínda que se realizaron investigacións e avances técnicos substanciais nos últimos anos, a superficie que arde todos os anos é moi importante e en moitos casos non se adoptan prácticas de restauración nin de conservación de solos.
  • A conselleira de Política Social, Fabiola García, supervisou os preparativos da campaña de verán no albergue xuvenil Marina Española, onde van comezar a chegar os primeiros participantes. Durante a visita anunciou que a Xunta reforzará o protocolo de seguridade xa aplicado o ano pasado coa realización dunha proba de antíxenos gratuíta para participantes e monitores antes do inicio dos campamentos, minicampamentos e campos de voluntariado.
  • Se han identificado 268 tramos de Áreas con Riesgo Significativo de Inundación (ARPSI), organizadas en 26 agrupaciones, con una longitud de 597,42 kilómetros. El borrador de PGRI estará en información pública durante tres meses para alegaciones, observaciones o sugerencias, pudiendo formularse observaciones y sugerencias dirigidas a la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil en Ourense.