Skip to main content

Noticias

  • O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, destacou a boa acollida do Bono Turístico, impulsado pola Xunta e o Clúster Turismo de Galicia, ao recibir en apenas 15 días solicitudes para máis do 50% das prazas ofertadas, superando a barreira das 10.000. Esta iniciativa supón unha inxección de 5 millóns de euros nas empresas desta industria e permitirá fomentar o turismo interno, incentivar o consumo e favorecer a recuperación económica e a creación de emprego tras a crise da covid-19.
  • O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, destacou o potencial do turismo náutico á hora de favorecer a diversificación da oferta e contribuír á reactivación do sector turístico, apostando por un modelo sustentable e de calidade que pon en valor a natureza e a paisaxe. Fíxoo tras participar na presentación das novas rutas da iniciativa Cruceiros Costeiros de Galicia, centradas no Xacobeo 2021 e no mundo fenicio. Segundo puntualizou Román Rodríguez, este tipo de iniciativas permiten impulsar produtos e experiencias diferenciadas que, no caso deste proxecto, teñen ademais unha repercusión directa no territorio, ao beneficiar as pequenas vilas e poboacións nas que fan parada as distintas rutas.
  • Dentro da actual situación post-COVID que estamos vivindo, tan importante como ofrecer recursos turísticos con grande valor e interese para os potenciais visitantes, é ofrecer tamén unhas garantías de seguridade adaptadas á “nova normalidade”. Neste senso está traballando a nosa comunidade, grazas ao esforzo e o compromiso do sector turístico, que conta ademais co apoio da Xunta a través de diversas medidas que procuran que este verán Galicia sexa un dos destinos turísticos con máis garantías.
  • A Consellería de Sanidade ven de actualizar o listado de territorios de obrigado rexistro para viaxeiros que chegan a Galicia e que se publicará esta tarde no Diario Oficial de Galicia. Esta actualización ven xustificada pola evolución de la situación epidemiolóxica tanto en distintas comunidades autónomas como noutros países. Entre as principais novidades a nivel nacional que recolle esta lista actualizada, destaca a inclusión de Madrid, mentres que pola contra xa non será obrigatorio resixtrarse para os viaxeiros procedentes da Rioxa. Continúan na lista Aragón, Cataluña, Navarra e País Vasco.
  • Directos Xacobeo’21 en Salas, que arrancou a pasada semana con oito concertos no Barco de Valdeorras, Bueu e A Coruña, celebrarase con asistencia de público, atendendo ás medidas respecto á capacidade e ás condicións hixiénico-sanitarias que, en cada momento, dispoñan as autoridades competentes. Ademais, serán gravados e editados para a súa posterior retransmisión. Os responsables das 35 salas participantes foron os encargados de elixir as súas respectivas ofertas musicais como parte deste ciclo, a partir de todas as propostas artísticas galegas, de moi variados estilos musicais, recibidas por Clubtura mediante unha convocatoria aberta.
  • Un total de 107.412 persoas inscribiron os seus datos de contacto no rexistro de viaxeiros que puxo en marcha a Consellería de Sanidade o pasado día 29 de xullo. Delas 62.446, o 58,1% do total, proceden das distintas comunidades autónomas con comunicación obrigatoria, concretamente 29.783 do País Vasco, 24.150 de Cataluña, 3.674 de Aragón, 3.011 de Navarra e 1.828 da Rioxa. Así mesmo rexistráronse 449 viaxeiros que chegaron dos países cun risco epidemio-lóxico máis elevado. Concretamente 121 dende Estados Unidos, 75 de Luxemburgo, 75 de México, 46 de Brasil, 42 da República Dominicana, 33 de Romanía, 22 de Chile, 16 de Ecuador, 11 de Perú e 8 de Colombia.
  • A actividade turística baixou en xuño en Galicia nove puntos menos que no resto de España, rexistrándose unha caída dun 83% fronte a un 92% no resto de comunidades. Así, malia que o sector atravesa un momento de gran dificultade pola situación sanitaria, as cifras do Instituto Nacional de Estatística (INE) amosan os primeiros síntomas de reactivación tras o estado de alarma, cando a actividade foi practicamente nula debido ao peche xeneralizado. Na comparativa interanual, a caída de xuño afectou especialmente ao mercado internacional. A maior parte dos viaxeiros que escolleron Galicia, en concreto dous terzos da demanda turística, optaron por aloxarse en establecementos hoteleiros.
  • Inaugurouse no Museo do Mar de Galicia a mostra Facer Camiño, unha exposición itinerante na que se asocia a arte co Camiño de Santiago que, logo da súa estadía viguesa, percorrerá as restantes cidades galegas e as vilas de Tui, Cee e Mondoñedo concellos asociados ao territorio histórico das rutas xacobeas. A comisaria da mostra, Asunta Rodríguez, realizou unha escolma de 23 pezas que inclúen pinturas, esculturas e fotografías de destacados artistas galegos, enfiada por citas e referencias a Santiago de Compostela e á peregrinación xacobea de autores como Dante, Federico García Lorca ou Vicente Risco.
  • Todos os viaxeiros que cheguen a Galicia, tras permanecer dentro do período de 14 días anteriores á súa chegada en territorios que posúan unha incidencia epidemiolóxica 3’5 veces superior á de Galicia, deberán comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias, independentemente de que sexan residentes na nosa comunidade ou non. Deste xeito, Sanidade procura acadar un diagnóstico máis precoz de calquera infección polo virus, protexendo así a saúde dos cidadáns. Galicia é a segunda Comunidade Autónoma con menor incidencia acumulada nos últimos 14 días, de acordo cos datos que reflicte o Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitaria do Ministerio de Sanidade.
  • As Festas do Apóstolo en Santiago serán por segundo ano consecutivo o marco de celebración do Compostela TradFest, que volve contar coa colaboración da Xunta de Galicia para o desenvolvemento dun intenso programa coa música de raíz como protagonista. O evento terá lugar o vindeiro domingo día 26 no parque de Bonaval, na praza da Quintana e nas rúas da cidade, que acollerán unha vintena de concertos, bailes, ruadas e cursos, ademais dunha mostra de instrumentos musicais e unha feira de libros e discos. O resto dos concertos do TradFest concentraranse nos diferentes escenarios do parque de Bonaval: Espazo Arcos con Candorka, Porcoteixos e Anxo Lorenzo, e a igrexa de Bonaval con Iván Vilela, Fernando Barroso, Pärbo (Pintos & Riobó) e Abraham Cupeiro.