Skip to main content

Novas rutas de 'Cruceiros Costeiros', centradas no Xacobeo 2021 e no mundo fenicio

Ademais, subliñou as condicións beneficiosas coa que conta o turismo náutico na nosa Comunidade grazas á súa superficie costeira, ás posibilidades de navegación das rías galegas durante todo o ano e á calidade das infraestruturas dos portos deportivos.

O responsable de Cultura e Turismo en funcións destacou a boa acollida dos Cruceiros Costeiros durante o ano pasado, onde foron máis de 5.000 as persoas que participaron nesta iniciativa e máis de 8.500 as axencias de viaxe que ofreceron este produto. Neste sentido, agradeceu á Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN+) o seu esforzo á hora de poñer en marcha accións deste tipo, que favorecen a dinamización de axentes do sector turístico como as axencias de viaxes ou os turoperadores.

Apoio á recuperación do sector

Do mesmo xeito, Román Rodríguez subliñou as medidas postas en marcha por parte da Xunta para favorecer a recuperación dos distintos axentes desta industria recollidos no Plan de Reactivación dos sectores Cultural e Turístico. Precisamente, esta folla de ruta inclúe a posta en marcha do programa Galicia destino seguro, con 8 millóns de euros, para impulsar a nosa Comunidade como destino fiable e de calidade a través dunha batería de medidas cos distintos subsectores desta industria.

Entre elas citou a sinatura de convenios coas axencias de viaxe por 300.000 euros para reorientar paquetes xa contratados ou para a creación de novos produtos, así como un acordo cos turoperadores 200.000 euros para a posta en marcha de paquetes turísticos con motivo do Xacobeo 2021.
R.