Skip to main content

Noticias

  • Galicia foi a quinta Comunidade que máis turistas recibiu en xuño, por riba de destinos como Canarias ou Baleares, grazas a que o sector está a resistir mellor que a media española. Así se desprende dos datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) referidos á ocupación hoteleira. Segundo o INE, os establecementos hoteleiros galego recibiron un total de 56.875 turistas que fixeron 115.952 pernoitas. A Comunidade sitúase así como a quinta con mellores rexistros, por diante da súa posición habitual. Na comparativa interanual, a demanda en Galicia baixou un 86,7%, oito puntos menos que a media española, que caeu un 95%.
  • Galicia colaborará con Andalucía, Castela e León e Estremadura no impulso e divulgación da Vía da Prata, así como na protección, sinalización, promoción e conservación desta ruta ou no desenvolvemento de accións de cara á celebración do Xacobeo 2021. Así se reflectiu na xuntanza que mantivo en Cáceres o conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, cos responsables das áreas de Cultura, Turismo e Patrimonio das comunidades polas que transcorre este itinerario , coas que asinou un protocolo de colaboración para traballar en accións sobre este itinerario, “unha folla de ruta” que sente os mecanismos para desenvolver un traballo efectivo e coordinado.
  • A iniciativa terá lugar o luns 10 de agosto en Negreira, en concreto no recinto de Galicia Espectáculo no Polígono Industrial de Covas. No encontro gastronómico, ao que asistirán os chefs, participarán unha vintena de empresas do sector enogastronómico da Comunidade. A degustación estará acompañada de diversas actuacións cumprindo en todo momento os protocolos de seguridade hixiénico-sanitaria. Previamente, durante esa mesma mañá, os chefs tamén realizarán unha andaina polo Camiño de Fisterra e Muxía, facendo parada en Ponte Maceira, considerada unha das vilas máis bonitas de España e un dos emprazamentos máis destacados deste itinerario xacobeo que a Xunta prevé recoñecer proximamente como Ben de Interese Cultural (BIC).
  • A Rede Galega de Praias sen Fume conta cun total de 162 areais pertencentes a 66 concellos. A evolución da rede, que iniciou a súa andaina no ano 2016 partindo duna iniciativa de sensibilización contra o tabaquismo do Concello de Baiona en 2012, está a ser moi significativa, pasando de 26 praias de 19 concellos en 2016, a 162 areais de praias pertencentes a 66 concellos na actualidade. Isto supón que o 31,9% das 508 praias galegas están integradas no programa, concretamente o 30,1% das marítimas (132 de 438) e o 42,9% das fluviais (30 de 70). Respecto do ano pasado, a participación incrementouse en 21 praias, un 14,9% máis que en 2019; e dous concellos máis, pasando de 64 a 66.
  • Atardecer no Gaiás -o ciclo de concertos de balde e ao solpor da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura- apostará pola músicas urbanas e en galego do dúo compostelán Verto para musicar o solpor de mañá e para o que xa están todas as entradas-convites esgotadas. Precisamente, o protocolo de seguridade sanitaria esixe que nesta edición haxa que reservar praza -limitada a 180 persoas por concerto e con posibilidade de ser dobre para conviventes- na páxina web da Cidade da Cultura de Galicia , e que sexa obrigatorio acudir coa máscara de protección. Os concertos estanse a celebrar ás 21,00 horas os xoves ata o 3 de setembro, e neles está garantida a distancia social cun control de acceso e saída e colocación de pufs, que se disporán na Praza Central da Cidade da Cultura.
  • Na súa segunda edición, Camiño Escena Norte volverá articular as súas actividades arredor de dous eixos: o Itinerario Constelacións e o Camiño Expandido. O primeiro deles suporá a realización en Galicia de oito funcións a cargo de compañías asturianas, cántabras e vascas, ao tempo que dúas formacións galegas terán a oportunidade de presentar os seus traballos nas outras tres comunidades participantes. Pola súa banda, Camiño Expandido ofrecerá unha serie de actividades paralelas para explorar as relacións co público e novas posibilidades de intercambio profesional, así como para favorecer a reflexión no marco deste sector. A ruta histórica do Camiño do Norte vertebra este proxecto interautonómico co obxectivo de facilitar o coñecemento mutuo entre os profesionais e o público destas catro comunidades autónomas.
  • Música, viño, gastronomía e patrimonio son os catro piares dun festival que regresa do 31 de xullo ao 2 de agosto coa súa cuarta edición, máis íntima, máis próxima. Unha cita que servirá para ir recuperando aos poucos o turismo de proximidade e levar a cultura en vivo aos recunchos máis máxicos da Ribeira Sacra; pero tamén, unha maneira de agradecer todo o apoio recibido por parte do público e sobre todo, o compromiso co territorio. E neste ano tan atípico, a seguridade e a saúde de todos os asistentes e profesionais que estarán na Ribeira Sacra esa fin de semana será unha das súas prioridades. O Festival volve contar un ano máis co patrocinio de Cervezas Alhambra, formando parte de Momentos Alhambra. Un ciclo que nace da paixón da cervexeira pola música e polo descubrimento de creacións auténticas, feitas para gozar cos cinco sentidos.
  • Atardecer no Gaiás –o ciclo de concertos de balde e ao solpor da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura– bota a andar mañá ás 21,00 horas coas composicións íntimas e vitalistas de Fon Román, ex guitarrista do coñecido grupo Los Piratas, e para o que xa están todas as entradas-convites esgotadas. Precisamente, o protocolo de seguridade sanitaria esixe que nesta edición haxa que reservar praza –limitada a 180 persoas por concerto e con posibilidade de ser dobre para conviventes– na páxina web da Cidade da Cultura de Galicia, e que sexa obrigatorio acudir coa máscara de protección. Os concertos celebraranse ás 21,00 horas os xoves, do 9 de xullo ao 3 de setembro, e neles está garantida a distancia social cun control de acceso e saída e colocación de pufs, que se disporán na Praza Central da Cidade da Cultura.
  • Preto de 180 pasaxeiros gozaron os pasados sábado e domingo desta alternativa de lecer, coa que a Deputación “favorece a recuperación da economía polo impacto que ten o servizo no sector hostaleiro e comercial”, subliñou a Deputada de Turismo que agarda que se siga producindo un incremento progresivo dos pasaxeiros nas rutas en catamarán coas que a Deputación de Lugo favorece a recuperación da economía despois da etapa máis dura da pandemia.
  • O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, participou nunha nova reunión do comité clínico de espertos sanitarios na que se estudou a actualización do Plan de Control e Vixilancia contra brotes, toda vez que o pasado domingo decaeu o estado de alarma que limitaba a libre circulación e se abriu a mobilidade nacional e a mobilidade cos países do espazo Schengen.