Skip to main content

Notas

  • Moncho Borrajo, José Luis Cuerda e Alejandro Dolina estarán na Coruña o 19 de maio como premiados –e invitados de honra- do Encontro Mundial de Humorismo. Os tres xenios da comedia desfilarán pola primeira alfombra vermella do humor acompañados por personalidades do mundo da cultura na gala espectáculo “Fantastic Colofon”. O obxectivo é converter A Coruña nun punto de encontro para a industria e os profesionais do humor.
  • A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 56ª edición, terá lugar os vindeiros días 3, 4 e 5 de maio en Ribadavia, e da a coñecer dúas actividades novidosas para a presente edición. Por un lado, decidiuse facilitar o procedemento de contacto entre os profesionais e as adegas participantes mediante un sistema de rexistro. Doutra volta, tamén se presenta o RibeiroBUS, para achegar a cultura do viño aos asistentes.
  • O cartel das festas de Ourense 2019 comeza a despexar incógnitas coa confirmación das primeiras bandas: Marea e Siniestro Total, dous dos nomes máis senlleiros do panorama rock. Os navarros, logo de 7 anos de ausencia, volven “coa xira máis grande endexamais contada” para presentar 'El azogue', o seu novo álbum (Adianto: En las encías). O segundo dos concertos confirmados é o dos vigueses Siniestro Total, que celebran 35 anos desde a súa formación.
  • O Concello da Coruña vén de informar da programación principal que conformará as Festas de María Pita 2019, que se celebrarán a partir do 1 de agosto. Logo da confirmación das datas de iniciativas como o 33ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia ou do XXII Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico, danse a coñecer as actividades musicais que formarán parte dun programa dirixido a todos os públicos e que afondará na excelencia cultural da cidade.
  • 'Valor e mestría. Galicia como fútbol', –exposición sobre a historia, fitos e lendas dos 143 anos de historia deste deporte en Galicia– clausurouse este domingo tras recibir preto de 40.000 persoas, desde a súa inauguración o 15 de febreiro no Museo Centro Gaiás. A mostra rexistrou unha importante afluencia de visitantes na súa recta final, especialmente durante a pasada fin de semana. Valor e mestría foi a exposición máis ambiciosa realizada ata o momento sobre a historia do fútbol galego.
  • A XXXIV edición da "Xuntanza Internacional de Gaiteiros", evento declarado de Interese Turístico e Cultural, reunirá o vindeiro sábado, 8 de xuño, no castelo de Monterrei a músicos de Galicia, Bélxica, Croacia, Escocia e Alemaña. Na Xuntanza tamén se vai a inaugurar unha exposición de gaitas procedentes dos países eslavos no Hospital do Peregrino, no Castelo de Monterrei, que poderá visitarse ata o día 15 de xullo de 2019.
  • Este venres celebrouse no Centro Sociocultural de Paradela, a Cata de Cualificación da colleita 2018 na D.O. Ribeira Sacra, co obxectivo de establecer unha valoración media desta última colleita. O panel de cata valorou 10 referencias, representativas das 5 subzonas (Amandi, Chantada, Quiroga- Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil), catando mostras de pequenas e grandes adegas, e mostras de depósito e xa no mercado.
  • O presidente da Deputación de Ourense asinou hoxe co alcalde de Xinzo de Limia o convenio por medio do cal a Deputación asume a xestión do Museo Galego do Entroido, situado en Xinzo de Limia, o que permitirá que este espazo expositivo abra as súas portas de maneira regular "poñendo a disposición do público, coa colaboración do Concello de Xinzo e da asociación "A Pantalla", un espazo expositivo único en Galicia que amosa a riqueza do carnaval".
  • Pablo Milanés, Bustamante, Antonio Orozco ou Coti, no panorama musical, así coma o monologuista Enrique San Francisco, son algúns dos nomes que pasarán, durante o primeiro semestre do ano, polo Auditorio de Ourense. A presentación da oferta cultural deste espazo, un dos máis activos e dinamizadores da vida cultural desta cidade, contempla actividades para todos os públicos.
  • O cuarteto de Austria Vienna Clarinet Connection será o encargado de pechar a XII edición do Festival Internacional de Música de Ourense "Pórtico do Paraíso" e compartirá cartel con outras agrupacións procedentes de Galicia, España, Italia, Suíza e Reino Unido, convertendo do 15 ao 24 de marzo a provincia de Ourense na capital da música clásica de Galicia con carácter internacional. Este evento cultural foi presentado no Pazo Provincial da Deputación de Ourense.