Skip to main content

Notas

  • Dentro da programación do bicentenario de Paradela, o domingo, 6 de novembro, vaise celebrar o encontro coa natureza CAMIÑANDO POR PARADELA, que o Concello organiza coa colaboración do grupo ACIVRO. Percorrerase o Camiño Vello de Aldosende, desde o Mirador de Cabodevila, preto do Río Loio, ata a parroquia de Aldosende. É un Camiño xa coñecido polos vinculados ao sendeirismo e turismo de montaña, que especialemente nas fins de semana recibe a numerosos camiñantes de todo Galicia.
  • A Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e as Peregrinacións, cuxa creación foi froito da colaboración entre a USC e Turismo de Galicia, organiza xunto ao Centro de História da Sociedade e Cultura e o Centro Interuniversitario de Estudos Camonianos, os dous pertencentes á Universidade de Coimbra, a I Xornada Internacional de Estudos Xacobeos que botou a andar este xoves 27 e esténdese ata o venres 28.
  • A Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e as Peregrinacións, cuxa creación foi froito da colaboración entre a USC e Turismo de Galicia, organiza xunto ao Centro de História da Sociedade e Cultura e o Centro Interuniversitario de Estudos Camonianos, os dous pertencentes á Universidade de Coimbra, a I Xornada Internacional de Estudos Xacobeos que se desenvolverá en Portugal do 27 ao 28 de outubro.
  • A igrexa de Santiago da Coruña acolleua presentación da obra 'O Camiño inglés: unha ruta xacobea medieval no século XXI', que constitúe o primeiro volume da colección Camiños do Mar publicada polo Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña, en colaboración coa Deputación da Coruña e a Asociación de Concellos do Camiño Inglés.
  • O Concello de Paradela vai revitalizar tres tradicionais romarías do Concello, con motivo de celebrar o bicentenario da institución municipal. A primeira, é a da Pena Redonda, este domingo. E logo virán A das Dores, na capital do concello, o fin de semana próximo, e a de Castro de Rei de Lemos, nos primeiros días do mes de outubro. A ermida de Pena Redonda está situada no cumio do Monte de A Trapa, e desde ela divísanse terras de Portomarín, Taboada, O Páramo, Guntín e Taboada.
  • Os concertos do Xacobeo 21-22 traerá este martes Vigo a artista C. Tangana co seu espectacular tour 2022. Será o escenario do peirao de Transatlánticos, mesmo lugar no que rematou este sábado o exitoso Festival Latitudes, o que acolla a loada posta en escena do cantante madrileño de ascendencia galega e confeso seguidor do Celta.
  • O Festival Noroeste Estrella Galicia pecha unha 35ª edición de impacto. A programación do festival contou desde o mércores 10 de agosto ata o domingo 14 de agosto con 51 concertos que encheron durante cinco días de estilos musicais diversos ata 10 enclaves diferentes repartidos pola cidade da Coruña. Unha edición histórica, pola que pasaron en total máis de 187.000 persoas.
  • O programa 'A Vía Láctea e outros motivos xacobeos do Camiño' percorrerá Galicia para dar a coñecer a riqueza patrimonial do Camiño de Santiago canda os fenómenos e obxectos astronómicos que podemos avistar ao percorrelo. A coñecida relación entre a ruta peregrina e a Vía Láctea serve de estímulo a una proposta divulgativa a cabalo entre a astronomía e a arte que se espallará por toda a comunidade.
  • Baixo o lema 'memoria dos lugares, voz do tempo', esta nova entrega continúa a unir música e patrimonio para deitar unha ollada sobre o pasado que nos permita observar e interpretar o presente para albiscar no futuro. O cartel combina proxectos de experimentadas formacións galegas con figuras convidadas do máis alto nivel internacional. Ademais, a programación propón unha serie de actividades ligadas aos concertos.
  • Remata un dos meses de xullo máis quentes que se lembran en Compostela, segundo os datos rexistrados no Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC. Con todo, non houbo récord na temperatura máxima pero si na mínima nun mes de xullo, e tamén na media das temperaturas máximas. Polo que atinxe ás horas de sol e á seca, 'houbo xullos máis extremos', sinala o director do Observatorio, José Ángel Docobo.