Skip to main content

Notas

  • As persoas piden axuda e moven os brazos antes de afogar; é preciso agardar dúas horas para bañarse despois de comer; tras un afogamento hai que colocar á vítima boca abaixo para baleirar os seus pulmóns de auga; a urina é un bo remedio fronte á picadura dunha medusa... No referido aos incidentes que poidan darse en praias, ríos ou piscinas existen unha serie “mitos e falsas crenzas”, asentadas no ideario popular e que poden dar lugar a decisións ou intervencións erróneas.
  • O acto tivo lugar na praia das Catedrais de Ribadeo, coa participación do delegado territorial de Lugo, Javier Arias; o alcalde deste concello, Daniel Vega, e a alcaldesa de Burela, Carmela López. O delegado celebrou as 10 Bandeiras Azuis que suman os dous municipios e instou a que as Administracións "sigamos colaborando e traballando no coidado do medio ambiente e nunha oferta turística sostible, accesible e de calidade".
  • É unha canción doce, elegante e emotiva que, aínda que parece de amor -como así é - esconde unha historia. Composta como un tributo ao escritor gallego Domingo Villar, a canción presentouse de xeito acüstico no acto celebrado na FNAC de Callao en Madrid, en outubro de 2022 e diante da emocionada familia do literato. Cun ritmo entre a balada e o suave reggaeton do estribillo, a canción desenvólvese no mundo do cantautor, onde a historia manda e a música aporta fermosura.
  • O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, que participou na entrega de premios das XXVII Catas de viños da denominación de orixe Ribeira Sacra, que se celebrou no concello lugués de Monforte de Lemos, destacou a excelencia destes viños e o seu carácter diferencial, que lles confire a condición de referentes no ámbito nacional e mesmo internacional.
  • Na tarde do mércores 21 de xuño, ás 16.58 horas, dá comezo o verán no hemisferio norte. En dito instante o Sol atópase no punto Cáncer da eclíptica, ou solsticio de xuño, acadando a máxima elevación (declinación máxima) con respecto ao ecuador. Nestas xornadas prodúcese, polo tanto, a meirande diferencia entre o día e a noite.
  • Unha clara aposta pola diversidade e polos valores emerxentes, así se presenta unha MIT que reúne máis de vinte espectáculos e varias actividades escénicas complementarias arredor do lema “memoria, cohesión e innovación”. Querer descubrir as creacións da xente moza do panorama estatal, moitas delas recoñecidas con premios revelación e de novos talentos, ese é o espírito dunha MIT que tamén mira para aquela mocidade de Abrente que con valentía e ilusión afrontou un movemento revolucionario.
  • Faltan 15 días para comezar o festival de cultura urbana Rompetiño Jump 2023. O equipo do Rompe xa ten pechada toda a programación cultural e deportiva que se vai desfrutar nas xornadas do primeiro fin de semana de xullo. Este ano continuarán os deportes estrela na Zona Skatepark, o BMX e o Skate. Alí se celebrarán as competicións deportivas destas disciplinas en dúas categorías, a junior e senior, masculino e feminino.
  • Sete edicións ás súas costas, e moitas ganas de seguir demostrando que a danza ten espazo e emoción máis aló das táboas dos teatros. O festival internacional de danza Quincegotas, con sede en A Coruña dende 2015, retoma a súa andadura neste 2022 tras un ano de parada involuntaria, para achegar as mellores propostas contemporáneas de danza ao público xeral.
  • A pasada semana percorreu Bulgaria un numeroso grupos de membros da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo, en viaxe cultural organizada pola asociación que preside Ángel Trabada. Como é tradicional nas viaxes que coinciden con esta data, celebraron na cidade de Burgas un acto con motivo do "Día", no que interveu o xornalista Xulio Xiz.
  • A Praza de Feixoo, en Santiago de Compostela, está lista para acoller a quinta edición do Festival Seráns, que terá lugar do 17 de maio ao 30 de xuño deste ano. O obxectivo deste festival é promover a cultura local e ofrecer unha experiencia musical única para todos os participantes, ademais de proporcionar entretemento á comunidade. Os locais Riquela Pub, Modus Vivendi e Borriquita de Belém, organizan este evento co seu amor pola cidade e compromiso coa música e a cultura.