Skip to main content

Notas

  • Según el destino de Sondea para Securitas Direct, el destino que más valoran los gallegos es la playa: El 61% de los encuestados elegirá este destino, seguidos de aquellos que visitarán pueblos de España (40%), y los que irán a la montaña (11%). Si se comparan estas preferencias con las de la media nacional, los gallegos se interesan en mayor medida por los destinos rurales (un 40% frente al 34% de media nacional).
  • O DOG ven de publicar a convocatoria de adxudicación de estancias e servizos nas residencias de tempo libre da Xunta de Galicia no ano 2021. E con este motivo, o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou a Residencia de O Carballiño e anunciou que as familias poden xa solicitar praza tanto nese centro como no de Panxón.
  • Na noite do domingo ao luns, ás 5.32 horas do día 21 de xuño, dá comezo o verán no hemisferio norte. 'En dito instante o Sol estará no punto Cáncer da eclíptica, ou solsticio de xuño, acadando a máxima elevación con respecto ao ecuador (máxima declinación). Nestes días, polo tanto, temos a meirande diferenza entre o día e a noite', explica o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo.
  • O Atlas de Covas e Canóns de Galicia conta na actualidade con máis de medio milleiro de recursos: 492 covas e 21 canóns que representan 40 quilómetros topografiados e 1.102 metros de profundidade. Reúne as catro paisaxes subterráneas galegas (carst, pseudocarst, paracarst, covas de consecuencia), as construcións subterráneas máis singulares e os canóns equipados para a práctica deportiva.
  • O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe na rolda de prensa de Consello da proposta de calendario laboral correspondente ao ano 2022, que recolle como festivos propios o Día das Letras Galegas e o día de San Xoán. Tal e como explicou o titular da Xunta, a norma estatal establece 14 festas anuais de ámbito nacional, dous a elixir por cada concello.
  • Tras a cancelación das edicións de 2020 e 2021 o Concello de Ortigueira, organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, enorgullécese de anunciar unha edición única para 2022, cuxa programación comezará a ser revelada nos próximos meses. O Festival adoita ter unha duración de catro días, sendo así un dos festivais gratuítos máis longos de todo o mundo, pero para 2022 programáronse oito días de actividades e concertos para convertelo nunha edición inesquecible.
  • O concello de Ortigueira centrará por segundo ano consecutivo nas redes sociais os esforzos para impulsar o contacto cos seguidores do evento. Reforzará a campaña de difusión do concurso de novos talentos e estenderá o período de votación online, no que cada persoa poderá elixir aos seus artistas favoritos ata o día 24 de xullo.
  • Os novos itinerarios botarán a andar o próximo mes e estenderanse ata outubro con 22 saídas con máis de 1.500 prazas permitindo descubrir as paisaxes e as marabillas da comunidade. Deste xeito, poranse en marcha as Rutas dos Faros, dos Pazos e Xardíns Históricos, dos Mosteiros ou da Lamprea, así como os seis trens turísticos que percorren os territorios de cada unha das cinco denominacións de orixe vitivinícolas.
  • A península ibérica será no futuro un territorio cada vez máis tórrido. Así se desprende dun estudo sobre proxeccións climáticas realizado por investigadores das universidades de Vigo e de Santiago de Compostela que prevé un aumento da intensidade das ondas de calor do 104% para o futuro próximo (2021-2050) en todo territorio peninsular.
  • Pór en valor a xeoloxía, os solos, os viñedos e a cultura dun enclave único como é a Ribeira Sacra. Con este obxectivo presentouse este martes na Deputación de Ourense unha publicación na que se analizan as singularidades da paisaxe e o patrimonio deste enclave xeográfico que comparten as provincias de Ourense e Lugo.