Skip to main content

Noticias

  • O documento adoptado hoxe no corazón desta comarca recolle unha vintena de recomendacións entre as que se inclúen a necesidade de seguir promovendo diálogos intersectoriais, foros, encontros e contribucións científicas específicas co fin de preservar o legado desta paisaxe excepcional marcada pola curso dos ríos Sil e Miño. Neste senso, instan a ampliar o coñecemento actual sobre estes sitios esteticamente impresionantes que combinan a biodiversidade agrícola con ecosistemas resilientes e un valioso patrimonio cultural. Os expertos recomendan aos gobernos e administracións públicas identificar e preparar inventarios destas paisaxes e do patrimonio vivo que está presente en cada territorio para fomentar o recoñecemento do seu valor e importancia.
  • Este encontro, dirixido por Mónica Luengo e Cipriano Marín, especialistas internacionais con experiencia en candidaturas recoñecidas pola Unesco, prolongarase ata o mércores e que se pode seguir tanto de xeito presencial como vía streaming, inclúe un amplo programa de actividades con presentacións, conferencias e mesas redondas, entre outras iniciativas, nas que participarán representantes de organismos como a Unesco, Icomos, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza, así como das universidades e outras institucións.
  • Esta sondaxe, elaborada pola Área de Estudos e Investigación de Turismo de Galicia amosa unha valoración global moi positiva. Nos últimos anos, entre o 86 % e o 90 % dos galegos valora de forma positiva ou moi positiva a presenza de turistas en Galicia. Son porcentaxes que apenas varían desde o ano 2021 e que son maiores naqueles segmentos vinculados directa ou indirectamente co turismo e moi positiva tamén no resto da poboación. Se nos cinguimos a este mesmo ano 2023, a valoración é dun 8,2 entre os que teñen unha relación directa ou indirecta co turismo e dun 7,6 o resto.
  • Ata o mes de setembro a Comunidade rexistrou máis de 5,7 millóns de viaxeiros aloxados e máis de 11 millóns de noites, tanto nos establecementos hoteleiros (hoteis e pensións), como extrahoteleiros (apartamentos, campings, albergues e turismo rural), o que supón un incremento do 6,4% en número de viaxeiros aloxados e do 6,1% en canto as noites neste ano. Estes bós datos veñen impulsados pola boa afluencia de viaxeiros no mes de setembro. Como revelan os datos do INE que hoxe fixo públicos sobre os establecementos extrahoteleiros, só nestes establecementos o número de viaxeiros medrou un 21% ese mes. A estes súmanse os datos en hoteis e pensións xa coñecidos a semana pasada e que dan como resultado que só en setembro máis de 865.000 viaxeiros se hospedaron nos establecementos de aloxamento galegos.
  • OVO é a 25ª producción en directo do Circo do Sol, creada con motivo do seu 25 aniversario. Estreouse por primeira vez en Montreal no ano 2009 e visitou 30 cidades en seis países diferentes como espectáculo de Gran Carpa antes de transformarse nun espectáculo de pavillón no ano 2016. Poderá verse en varias sesións no Multiusos Fontes do Sar, en Santiago de Compostela. No espectáculo teñen especial protagonismo os insectos que traballan, comen, se desprazan, xogan e loitan. Cando un misterioso ovo aparece entre eles, os insectos senten unha intensa curiosidade por ese obxecto icónico que é, ademais, o fío conductor do espectáculo. Ademais das acrobacias e espectáculos, destaca o vestiario, inspirado nos superheroes futuristas e en armaduras de calquera época.
  • O turismo de Galicia avanza na súa recuperación tanto de xeito cuantitativo, con máis viaxeiros que fan tamén máis noites en Galicia, pero tamén con importantes avances de xeito cualitativo desde o punto de vista económico. Así se desprende dos datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre a actividade turística no mes de setembro nos hoteis e pensións galegas. O INE revela que foi o mellor mes de setembro desde que hai rexistros nestes establecementos. Así, en setembro preto de 594.000 viaxeiros escolleron os hoteis e pensións galegos, que fixeron 1,1 de noites, cifras que superan nun 4,6 % en un 3,2 % respectivamente as do ano pasado.
  • A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia vén de desenvolver unha ferramenta interactiva denominada ‘A paisaxe galega desde a bicicleta’, que permite realizar un percorrido virtual ao longo de 2.300 quilómetros pola nosa Comunidade a través de 52 rutas. O obxectivo é a divulgación e a conservación da paisaxe galega, combinadas coa práctica do ciclismo como actividade saudable e ecolóxica, dado que ofrece unha proposta turística sostible con cero emisións.
  • Preto de 450 voluntarios participarán, ao longo dos próximos días, nas 26 batidas de limpeza programadas por toda a Comunidade dentro da campaña 1m2 polas praias e os mares, unha iniciativa impulsada a nivel nacional por SEO/BirdLife e Ecoembes no marco do proxecto Libera e que en Galicia conta co apoio da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Concretamente, celebraranse 17 batidas na provincia de Pontevedra, nas que participarán máis de 300 persoas; 4 na Coruña, con 85 voluntarios; 3 en Ourense, con 31 inscritos e 2 en Lugo, cuns 20 participantes. En total, preto de 450 liberadores repartidos en 26 praias da Comunidade.
  • O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a consolidación do "auxe turístico" de Galicia, ao rexistrar 3,7 millóns de viaxeiros aloxados e 6,8 millóns de noites nos sete primeiros meses deste 2023, o que supón un 8 % más que no 2022. Obsérvase así que a comunidade "consolida unha tendencia moi boa" en materia turística, debido a varios motivos entre os que destaca o feito de que este ano aumentou o número de turistas estranxeiros, que xa presentan o 30 % do total e que con dous millóns de pernoitas supoñen tamén un "récord histórico". De igual xeito, os aeroportos galegos rexistraron "máximos de pasaxeiros" con 3,4 millóns, co liderado de Lavacolla (2 millóns).
  • O británico Paul Weller encabeza o cartel deste ano do Underfest SON Estrella Galicia, evento musical que converterá Vigo nun gran escenario ao distribuír os 14 concertos por diferentes recintos. O Museo Marco, o Auditorio Mar de Vigo ou as salas Masterclub e La Iguana Club son algúns dos espazos que acollerán os concertos entre este venres e o sábado. O Underfest abrirá a súa programación o venres ás 18,30 h no Panóptico do Museo Marco con Sam Amidon, cantante estadounidense referente do folk-rock; e continuará unha hora despois no propio centro expositivo situado na rúa Príncipe con Queidem, artista valenciano que presenta o seu álbum debut.