Skip to main content

O Gaiás aposta por un ocio compartido entre cativada e maiores co concerto 'Viva o pop!' do seu 'Verán en Familia'

A actuación será na Praza central da Cidade da Cultura ás 19,00 horas con entrada libre e de balde.

O Verán en Familia do Gaiás péchase o mércores 31 de xullo con De Vilatriste a Vilalegre, unha proposta de teatro de monicreques da Utópica Rodante. Esta representación confronta a fantasía coa realidade social do rural galego a partir da historia dunha vila na que se instalan uns novos habitantes que son recibidos con estrañeza pola veciñanza. A Cidade da Cultura será unha das máis de 100 sedes que acollerán este espectáculo con motivo da celebración do 40 aniversario do Centro Dramático Galego.

Un verán de cultura para todos os públicos

Os espectáculos do Verán en Familia da Cidade da Cultura forman parte da campaña CulturON da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude que programa máis de 30 actividades diarias para todos os públicos en toda a xeografía galega.

Con estas propostas de verán, a Cidade da Cultura continúa afondando na súa liña de programación familiar co fin de xerar espazos nos que agrome un ocio a través do que persoas de todas as idades poidan divertirse e aprender en conxunto.
R.