Notas
-
Un total de 194 casas de turismo rural adheríronse nun mes á nova central de reservas de turismo rural de Galicia que por primeira vez permite a xestión on-line. Turgalicia pasa do sistema telefónico á conexión directa con turoperadores.
-
Nun total de 18 volumes, a Gran Enciclopedia do Camiño de Santiago pretendeu compilar todo o coñecemento arredor do primeiro itinerario cultural europeo. O director do proxecto, Manuel Rodríguez Fernández, dixo que se trata da primeira obra compilatoria do universo xacobeo.
-
Máis de 200 persoalidades do eido cultural, diplomático e dos medios de comunicación dos EEUU están convidados á presentación do Xacobeo 2010 no auditorio de The New York times. Cristina Pacto actúa como embaixadora e presenta The Galician Connection.
-
A Consellería de Cultura e Turismo destinará en total 2,3 millóns de euros para executar obras de acondicionamento e mellora en 50 tramos prioritarios dos Camiños de Santiago. Os traballos afectarán a 30 concellos.
-
Xacobeo 2010 presenta a mostra Regreso á orixe. Xerusalén, Roma, Santiago. Unha viaxe contemporánea, formada por 82 fotografías e un documental do monfortino Manuel Valcárcel e do músico Alejandro González.
-
A Compañía Aérea Air Nostrum bautizou un avión da súa flota co nome de Galicia. O avión, un CRJ 200, ten capacidade para 50 pasaxeiros. Viaxará a sete países de Europa e ao Norte de África. Air Nostrum abre en maio novas rutas de enlace A Coruña-Valencia e Vigo-Sevilla.
-
O Arcebispado de Santiago de Compostela amosa o seu interese pola utilización da lingua galega na súa actividade eclesial, especialmente neste Ano Santo 2010 e de xeito concreto na Misa do Peregrino ou na páxina web. Así compartirase cos peregrinos de fóra de Galicia unha das maiores riquezas da comunidade.
-
Esta iniciativa ofrece unha mostra do que ocorre no panorama audiovisual galego co obxectivo de promocionar un sector estratéxico, ademais de impulsar as producións e artistas autóctonos e foráneos.
-
A primeira botella da serie está dedicada a Campus Estelae (Compostela), e dela comercializaranse 75.000 unidades. Presentada unha colección exclusiva de seis botellas sobre etapas relevantes do Camiño de Santiago.
-
Presentouse na Casa de Galicia en Madrid a celebración do 23 de abril ao 2 de maio da XV Semana Gastronómica do Marisco Xuntanza en Alcobendas, convidando ós amantes do marisco.