Notas
-
A XXXIII edición da 'Xuntanza Internacional de Gaiteiros"', evento declarado de Interese Turístico e Cultural, reunirá o vindeiro sábado no castelo de Monterrei a músicos de Galicia, Asturias, Escocia, Irán, India e Xapón. Esta edición será en memoria do insigne mestre gaiteiro-artesán Antón Varela 'Tonecho'. A presentación desta celebración tivo lugar no Pazo Provincial de Ourense.
-
As rutas dos Faros e a Ruta do Viño da Ribeira Sacra polo río Sil inauguraron esta fin de semana cun cen por cen de ocupación nas súas primeiras saídas, a sexta edición do programa Trens Turísticos de Galicia. Desde hoxe e ata o mes de outubro realizaranse 56 saídas nas 12 rutas temáticas programadas e que, por primeira vez, inclúen teatralizacións nalgúns itinerarios a cargo de personaxes que descubrirán a historia dos lugares que atravesan.
-
Presentouse no embarcadoiro de Doade o Festival 17º Ribeira Sacra, que se celebra co apoio da Deputación de Lugo. No acto participaron representantes da Deputación e de varios concellos, e o director do festival, Carlos Montilla. O festival terá lugar do 27 de xullo ao 5 de agosto en espazos e lugares emblemáticos de Monforte de Lemos, Chantada, Sober, Ourense, Castro Caldelas, A Teixeira e Negueira de Ramuín.
-
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, inaugurou nos Xardíns de Méndez Núñez, a exposición itinerante Picasso. A viaxe do Guernica, unha proposta da Obra Social Caixa que se poderá visitar até o 20 de xuño 'e que supón unha oportunidade para profundar no coñecemento do Guernica e nos procesos creativos dun dos artistas máis destacados da historia, así como para achegarnos á nosa propia historia'.
-
Concertos exclusivos con ukelele, charlas, obradoiros infantís, mercadillo de deseño, zona de xantar con postos de comida ou intervencións artísticas en directo son algunhas das propostas que se poderán gozar este fin de semana dentro do Castelo de Ribadavia con motivo do Ukp Day, o primeiro festival de ukelele de Galicia. O 2 de xuño a iniciativa celebra a súa terceira edición, consolidándose como o primeiro festival de música que abre a tempada festivalera de “verán”.
-
Galicia Calidade volve colaborar co Festival de Cans, que se celebra do 24 ao 27 de maio nesta localidade do Porriño (Pontevedra), difundindo entre o público asistente a importancia de contar con produtos certificados. Deste xeito, ás 11.30 horas, na Leira de Alicia, o barista e recentemente galardoado como mellor tirador de Galicia de cervexa e terceiro do mundo, Óscar de Toro, fará unha degustación de café.
-
A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo, celebrou o Día das Letras Galegas á beira do Mar Morto, en Xordania, no decurso dunha viaxe cultural na que participaron 66 lucenses. O xornalista Xulio Xiz, membro desta Asociación, na súa intervención, fixo historia do Día das Letras desde a súa creación en 1963, ata o momento actual, subliñando os especiais méritos de María Victoria Moreno.
-
BFlecha, Carla Green & The Demons, The Lákazans, Wondermind, Bea a de Estrella, Glitchgirl e The Big Lis Gumbo Band súmanse ao cartel desta 32º edición do Festival Noroeste Estrella Galicia, que se celebrará na Coruña do 7 ao 12 de agosto de 2018. Con elas, as prazas, rúas e museos da cidade inundaranse dos sons máis arriscados e eclécticos con acento galego.
-
Baseado no libro homónimo de Manuel Rivas, A lingua das bolboretas conta a historia de Moncho, un rapaz ilusionado por comezar a escola nunha aldea de Galicia. Fica marabillado co seu mestre (Fernando Fernán Gómez, nunha das interpretacións máis aplaudidas nos últimos anos da súa carreira), co que establece unha estreita relación, co pano de fondo do estalido da Guerra Civil.
-
Cayetano Rodríguez, concelleiro de Cultura do Concello de Vigo, Juan de Castro, director do Festival Primavera do Cine e Carla Amado, directora do Instituto Camões foron os encargados de facer a inauguración oficial da sétima edición do certame, que se extenderá ata o vindeiro 13 de maio.