Skip to main content

Este sábado terá lugar en Ribadavia a terceira edición do festival de ukelele, Ukp Day

O festival este ano aposta, ademáis, pola internacionalidade do festival, con artistas provenientes de latinoamerica, Estados Unidos ou Portugal, e tamén pola variedade de estilos, facendo fincapé na versatilidade do ukelele ao que renden homenaxe. Así, no festival poderase gozar dende o rock’n’roll ao máis puro estilo anos 50 con Noe Black & The Bang Band, ata o punkgrass máis senlleiro de Os Novos, pasando tamén polos ritmos latinos de Yoyo Borobia, o pop dos portugueses L’Mantra ou o hippiepunk de Hardcute Ukelele.

A formación ourensán de folk Os Amigos dos Músicos serán os encargados de poñerlle o broche de ouro final ao evento, cun concerto especial que ofrecerán no Auditorio do Castelo.

O Ukp Day é un evento para tódolos públicos, que mistura o concepto de festival de música co de romaría popular. A entrada é de balde e celebrase en horario diúrno de 12:00h a 22:00h.

Máis información na páxina web: www.ukpday.com
Festival Ukp Day