Skip to main content

Notas

  • “Andar con arte” organiza oito andainas do 30 de xullo ao 27 de agosto, con convidados expertos en diferentes áreas como a arquitectura, a arqueoloxía, a xeografía, a xeoloxía ou a arte. Igrexas, muíños, castros, fortalezas e vías romanas son protagonistas da cuarta edición do ciclo que percorre varios concellos galegos.
  • Tamén o tren do Viño do Ribeiro - Rías Baixas realiza a primeira viaxe da nova tempada de Galicia a todo Tren que inclúe a Ruta dos Faros, do Viño das Rías Baixas e do Viño da Ribeira Sacra cunha ocupación do 100%. A oferta complétase co Galicia Rail Pass e coas propostas específicas para peregrinos e para visitar os balnearios galegos.
  • O presidente da Xunta destacou que Galicia está aproveitando a declaración dos Camiños do Norte e Primitivo como Patrimonio da Humanidade para atraer cada vez máis turistas e dotar a estas rutas de máis servizos á disposición dos peregrinos. Di que detrás da distinción hai un recoñecemento internacional e un impulso a unha das principais actividades económicas.
  • O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, e o deán da Catedral de Santiago de Compostela, Segundo Pérez, recibiron ao peregrino número 100.000, José Rodríguez. Este murciano rematou o Camiño de Santiago xunto co seu fillo, Miguel Ángel. Iniciaron a Ruta Xacobea en Barcelos, percorrendo a pé 190 quilómetros en 10 días polo Camiño Portugués.
  • Incorpórase o liño á cociña e aos elementos que a rodean, coa realización de diferentes pezas como recipientes, uniformes ou mandís. Enmárcase na iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria “Artesanía no prato”, que busca sinerxías entre a cociña de vangarda e o sector artesán galego.
  • Durante la presentación de la competición prevista para el 17 y 18 de junio, el secretario xeral para el Deporte animó a seguir “uniendo el deporte ourensano con la riqueza de las aguas mineromedicinales de esta tierra, su rico pasado romano y sus vinculaciones con el Camino de Santiago” como recursos que incrementan el atractivo turístico.
  • Os xogadores participantes teñen a oportunidade de coñecer a oferta turística do sur de Galicia a través dun amplo programa de actividades complementarias. O evento celébrase entre os días 23 e 27 de maio no campo de golf Balneario de Mondariz e conta coa participación de 169 golfistas. Obxectivos: promocionar Galicia para o golf e desestacionalización cara o turismo de saúde.
  • Na presentación precisouse que os 30 equipos participantes farán por remudas un traxecto que chega case aos 800 quilómetros e durante os cales os corredores poderán explorar os seus límites e desfrutar do patrimonio que atoparán ao longo do traxecto. En 2015 percorreron o Camiño Francés 172.000 peregrinos: elexírona dous de cada tres.
  • A actividade desenvolverase os días 21 e 22 deste mes nas rutas das Rías Baixas e do Ribeiro e o 28 e 29 nos itinerarios de Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras. As xornadas inclúen o servizo do Bus do Viño e menús especiais nos restaurantes de cada zona. O visitante poderá acceder de forma gratuíta a máis de 100 adegas de Galicia e realizar catas e degustacións.
  • A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu a xornada “World Wine Experience. Un percorrido polos viñedos do mundo”, con varios relatorios sobre o pasado, presente e futuro do viño no mundo, cultura, comercialización e regulación, a cargo de expertos de referencia nacional e internacional, con posterior cata de viños de diferentes países incluíndo unha destacada presenza de viños galegos.