Notas
-
O titular da Xunta interveu no acto de Presentación da Guía Michelin España-Portugal 2016 e subliña que boa parte da despensa dos grandes chefs está en Galicia que destaca especialmente no ámbito culinario. Aposta porque a marca Galicia Calidade sexa un dos nosos principais sinais de identidade internacional.
-
Editada con motivo da declaración como Patrimonio Mundial dos camiños Norte e Primitivo, servirá para alcanzar a Compostela.Esta edición da credencial, promocionada por Lugo Monumental, conta co patrocinio de La Voz de Galicia, autorizado excepcionalmente para a ocasión polo Cabildo da Catedral de Santiago, e coa colaboración do artista lucense Chencho Pardo, deseñador do documento, e do Bispado de Lugo.
-
A aplicación web da muralla de Santiago de Compostela, desenvolvida polo Consorcio de Santiago en colaboración co Concello compostelán, volve estar plenamente operativa. Permite navegar e coñecer mellor a antiga muralla medieval que rodeaba a cidade e pódese acceder a través de murallasantiagodecompostela.com
-
A asociación nace co obxectivo de coordinar accións entre os municipios para mellorar tres aspectos concretos: a atención ao peregrino, o coidado do Camiño e o apoio aos municipios que forman parte da Ruta Xacobea.
-
Os clientes decidirán que petiscos son os seus preferidos, votando cos pousavaos nas urnas situadas nos establecementos participantes e, a través da interacción nas redes sociais Twitter e Facebook, os internautas poderán optar a ser parte do xurado do concurso. O Santiago(é)Tapas vivirá unha presentación moi especial no vagón comedor do Alvia e "Tapas de Cine" conecta con Cineuropa.
-
Apunta que ata setembro de 2015, o último do que se contabilizaron os datos, visitaron Galicia máis de 3,3 millóns de viaxeiros. Un 12,3% máis que o mesmo período do ano pasado; un 9,6% máis que o último Ano Xacobeo; e o maior incremento rexistrado por unha Comunidade en toda España.
-
Promociónase Galicia como destino termal nun escaparate internacional único. A Asociación Europea de Cidades Históricas e Termais é unha rede composta por 36 cidades termais de 12 países europeos que contan cun patrimonio arquitectónico singular e emblemático vinculado á presenza de augas termais.
-
As relacións entre Galicia e Paraguai son cada vez máis intensas, según o protocolo de colaboración asinado en FITUR a principios deste ano para poñer en marcha iniciativas conxuntas de promoción turística. O Camiño centrou o I Seminario Internacional sobre Rutas Turísticas Multidestino.
-
A Cidade da Cultura acolleu a apertura oficial de Fairway, o I Foro do Camiño de Santiago, que reúne ata o domingo 18 de outubro aos principais expertos na Ruta Xacobea e noutras rutas de peregrinación. Neste novo formato de congreso-feira tamén danse cita un gran número de empresas vinculadas cos seus produtos ou servizos ao Camiño de Santiago procedentes de ata 19 países, e con debates artellados en torno a catro paneis.
-
O 4 de novembro convocarase no Pazo de Vilamarín aos alcaldes dos concellos polos que discorre a Vía da Prata para informarlles dos plans da Xunta.