Skip to main content

Noticias

  • A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitaron hoxe os concellos de Lepe e Huelva como representantes do xurado Bandeira Azul de Galicia co obxectivo de poñer en común a aposta de ambas comunidades -a galega e a andaluza- pola sustentabilidade das súas praias, portos deportivos, centros ou sendeiros azuis, ofrecendo os mellores servizos posibles aos usuarios. Deste xeito, as dúas rexións apostan por xerar sinerxías co obxectivo de seguir avanzado no futuro neste eido.
  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2025 e no que se fixan como festivos propios o Día das Letras Galegas (17 de maio) e o Día Nacional de Galicia (25 de xullo). O calendario publícase tras o visto bo do Consello da Xunta e unha vez o Consello Galego de Relacións Laborais emitiu o correspondente ditame. A normativa estatal, fixada polo Real Decreto 2001/1983, establece as 14 festas anuais de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio. Destes 14 festivos, dous son elixidos por cada concello.
  • O Morriña Festival terá lugar o 26 e 27 de xullo e contará coas actuacións xa o mesmo venres de Louis Tomlinson, Editors, Nicki Nicole, Iván Ferreiro, Dani Fernández, Juan Magán, Sen Senra, Dorian, Marlena e Enol. O sábado 27 de xullo será a quenda de Aitana, Lola Índigo, La La Love You, Yandel, Iñigo Quintero, Dei V, Pedro Capó, Malmö 040, Dollar Selmouni, Yeico x Troni, Garabatto, Tashi e Toni Seijas. Trátase dun festival promovido por seus Bring the Noise, xa consolidado no noso panorama musical, e considerado o festival urbano máis grande de España, e que chega á súa terceira edición avalado polas boas cifras do ano pasado con máis de 15.000 espectadores cada un dos días.
  • A cuarta edición do encontro Artesanía de Galicia no Courel, que ten o obxectivo de promover a formación e a divulgación dos oficios artesanais galegos e da marca Artesanía de Galicia, vaise celebrar entre os días 7 e 11 de agosto en diferentes localizacións de Folgoso do Courel e conta coa colaboración do concello e da Fundación Uxío Novoneyra. No programa de actividades inclúense sete cursos de iniciación en diferentes oficios como a ourivería, a cestería, o téxtil ou a carpintería -para os que é necesaria realizar unha inscrición previa na web da Fundación Artesanía de Galicia- así como nove obradoiros gratuítos e abertos a toda a cidadanía.
  • O Gozo Festival, unha das grandes citas musicais e turísticas do ano en Galicia, logrou reunir na súa segunda edición máis de 60.000 persoas entre as dúas citas celebradas no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela este ano. O público asistiu desde 18 países diferentes de lugares como Irlanda, México, Finlandia ou Xapón. Promovido por Live Nation e Sweet Noctura co apoio de Turismo de Galicia, o Gozo Festival ofreceu concertos de 19 artistas e máis de 17 horas de música nas dúas citas que se celebraron no Monte do Gozo. O 6 de xullo foi a quenda de Ed Sheeran, que chegaba por primeira vez a Galicia, nunha xornada na que tamén se puido gozar de artistas como os colombianos Bomba Estéreo, a chilena-mexicana Mon Laferte, os alemáns Milky Chance, a italiana Angelina Mango ou as galegas Fillas de Cassandra.
  • O ciclo de espectáculos do Verán en Familia da Cidade da Cultura chega ao seu ecuador este mércores con Viva o Pop!, un concerto especial no que cativada e maiores bailarán ao ritmo dos grandes éxitos dos 80 e 90. Máis de 1.200 persoas asistiron xa ás actuacións musicais e de circo programadas neste ciclo, impulsado pola Xunta de Galicia dentro da campaña de actividades de estío para todos os públicos, CulturON. Viva o Pop! é un concerto a través do que rememorar a música que marcou a adolescencia de pais e nais cos máis pequenos da casa. Unha proposta de ocio da compañía Rock en Familia na que persoas de todas as idades poden vivir a experiencia da música en directo, ao tempo que descobren a historia das cancións dalgúns dos artistas e grupos máis relevantes da música pop contemporánea.
  • Un ano máis, e xa van 5, a Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel ten o pracer de organizar o Courel Son, Jazz e Blues na Montaña. Serán catro grandes concertos en catro localidades distintas da serra, mantendo o obxectivo de dar vida a todos e cada un dos pobos do noso territorio, ao tempo que demostramos que, sexa a paraxe que sexa, dispoñemos dos mellores escenarios naturais. Este ano contamos, unha vez máis, coa imprescindible axuda económica da área de Cultura da Deputación de Lugo, pero tamén cunha aportación da Sociedad de Artistas Intérpretes o Ejecutantes (AIE), que quere premiar con esta achega a orixinalidade da nosa proposta, na que non buscamos a masificación, senón a excelencia.
  • O Atlantic Fest terá lugar o 19 e 21 de xullo e contará coas actuacións xa o mesmo venres dos artistas Carlos Ares, The Parrots, Alcalá Norte, Rocío Saiz, Gazella e Grande Osso. O sábado 20 están previstas as actuacións dos Planetas, Crystal Fighters, Sílvia Pérez Cruz, Carlos Sadness, Derby Motoreta's Burrito Kachimba, Depedro, Cariño, Luis Fercán, Florent e Eu e Dani Dicostas. O domingo, último día do festival, actuarán Mika, Sidonie, Elefantes, Andrés Suárez, As Dianas, Grande Osso e Rocío Saiz. A pasada edición do Atlantic Fest obtivo unhas cifras de 30.000 asistentes, 300 postos de traballo creados de forma directa, e máis de 100 empresas involucradas na organización e realización do festival.
  • A Federación Europea do Camiño de Santiago que integra a administracións públicas de 10 países vén de notificar á Xunta de Galicia a renovación da certificación como Primeiro Itinerario Cultural Europeo do Camiño de Santiago, unha renovación que avala o traballo realizado pola Xunta e demais administracións públicas e asociacións nos últimos anos para conseguir manter e conservar os criterios que fixeron posible este recoñecemento hai máis de 30 anos. Desde o Instituto Europeo de Itinerarios Culturais felicitan á Xunta pola súa participación activa para manter os criterios establecidos polo Consejo de Europa.
  • A última xornada do proxecto, celebrada en Quiroga, deixou como reivindicación a continuidade na financiación por parte do Miteco para 2025, sinalando o responsable do proxecto - José María López Bourio-, diante do Alcalde de Quiroga e representantes da Xunta de Galicia, “que un proxecto de tanto alcance coma este en tres concellos que estiveron abandonados polas AAPP non resolve o Reto Demográfico nun só exercizo". Ao referirse á chamada España baleira, afirmou que en realidade o que esta é abandoada en xeral polas AAPP e que o atraso de decenios hai que abordalo a medio prazo, subliñando que nun ano "temos traballado moito por O Courel, con actividade nos tres concellos - Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso - pero os obxectivos de crear empresas, de crear emprego e condicións de vida digna non se revirten nun ano; queda moito por facer".